Este mes tamén falaremos de series de televisión, da man de J. A. Cascudo, docente da Universidade de Santiago e experto en audiovisual. "A vida en series" é un curso de dous días (22 e 30 de decembro, no Auditorio Municipal) no que se fará un percorrido pola historia da ficción televisiva, incluíndo as novas tendencias e series de culto. Despois da primeira xornada, os asistentes poderán, vía redes sociais, entablar un diálogo co ponente no que suxerirlle series e temas relacionados dos que debatir na segunda sesión. A entrada é de balde para os socios e de 4 euros para o público xeral. Por cuestión de limitación de aforo, será preciso facer unha inscrición previa no seguinte formulario:
Mes: diciembre 2017
Aquí está o programa de decembro!!!
O mércores día 13 proxectaremos «Verano 1993» a seleccionada para representar a España nos Oscar, e os días 22 e 30 falaremos de series de TV con J.A.Cascudo.
“Estiu 1993” (Carla Simón, 2017) é unha das óperas primas máis celebradas dos últimos tempos. Esta cinta con tintes autobiográficos foi recoñecida en prestixiosos festivais internacionais como o Festival de Berlín, Festival de Málaga, Premios Feroz ou os Premios do Cine Europeo, alén de ser precandidata ao premios Oscar en representación da Academia española. A proxección terá lugar este mércores día 13 no Salón García da Casa da Cultura de Vilagarcía, por volta das 21 horas. A entrada é de balde para os socios e de 4 euros para o público xeral.