Categoría: Novas (Página 1 de 5)

Así foi o Super Cine Swing 2017

promo supercine swing vimeo from Cine Clube Ádega on Vimeo.

Super Cine Swing

Logo do éxito do ano pasado… xa volve Super Cine Swing, un espectáculo aberto de Cine, Baile e Música.

SuperCineSwing

Con clases de iniciación o baile Swing aberta a participación de tódolos asistentes, Cine musical e Concerto da banda de Chus Pazos.

O rematar na rúa a festa seguirá a partir das 00:00 horas no Bianco Lounge Bar con pinchada a cargo dos membros de Swing On.

 

Programación de Xuño

As actividades para este mes de xuño comezarán este venres día 9 coa 2ª edición do “Super Cine Swing“, que tivo unha gran acollida de público o ano pasado.

Alén disto, este mes haberá dúas proxeccións no Salón García, en horario de 21 horas.A primeira delas terá lugar o mércores 14 coa comedia francesa de 2014 “Aaltra”:

” Dous veciños que se odian son atropelados por un remolque agrícola durante unha das súas habituais discusións. Ao sair do hospital cada un deles decide facer unha viaxe persoal. O destino termina por reencontralos nunha estación, esperando o mesmo tren. Comeza unha odisea imprevisible, camiño de Finlandia para reclamar unha compensación económica aos fabricantes da maquinaria responsable do seu accidente”.

Programacion Xuño 17

Finalmente o mércores 28 proxectaremos o filme de Win Wenders “Alice in den Städten” (Alicia nas cidades), de 1974:
 
“O xornalista alemán Felix Winter recorre os Estados Unidos na procura de temas para escribir un libro, pero como non consigue empezalo, o seu editor cancela o contrato. Cando decide voltar a Alemañam coñece unha muller no aeroporto, e como non hai voos até o día seguinte, pasa a noite con ela. A muller desaparece pero deixa un recado: que vaia coa súa filla Alice, de 9 anos,  a Amsterdam para reunirse con ela”

Pincho e Corto 3

Este xoves no Churruca Gastrotaberna celebramos a terceira edición de “PINCHO E CORTO”, unha coidada selección de curtametraxes maridada con fabulosos pinchos. As curtas proxectaranse en varios bloques, con descansos de 5-10 minutos entre cada bloque.
A entrada é de balde, só debes pagar o que bebas!

Pincho y corto Maio 17

Programación de Maio

No mes de Maio poderemos disfrutar de tres proxeccións no Salón García no horario habitual de 21:00 horas.

A primeira das proxeccións terá lugar este mércores día 3. A cinta protagonista será a comedia drámatica arxentina “El ciudadano ilustre”, gañadora do Premio Goya 2017 á mellor película iberoamericana.

“É a historia dun escritor arxentino, Premio Nobel de Literatura, que hai 40 anos abandonou a súa Vila e partiu cara Europa, onde triunfou escribindo sobre Salas, a súa localidade natal, e as súas personaxes. Agora, o alcalde convídao para ser nombrado “cidadán ilustre”. El decide cancelar a súa apretada axenda e aceptar a invitación”
 
 
 
O mércores 17 de maio, con motivo do Días das Letras Galegas, proxectaremos o documental “Os días afogados”, e contaremos coa presenza dun dos seus directores, César Souto Vilanova.
“En 1992, a construción do embalse de Lindoso (Portugal) anegou para sempre as aldeas de Aceredo e Buscalque (Ourense). Os seus habitantes nada puideron facer para salvar as súas terras nin os seus fogares. Sabendo que todo estaba a punto de perderse, varios veciños colleron as súas cámaras domésticas e comezaron a gravar. As súas imaxes, gravadas desde mediados dos años 60, constitúen un valioso documento histórico e etnográfico, filtrado pola subxectividade e as vivencias familiares.”
 
 
 
Finalmente, o mércores 31 será o turno para “Fail safe” (punto límite), filme norteamericano de 1964 dirixido por Sidney Lumet con Henry Fonda e Walter Matthau. 

“Durante a Guerra Fría, por un erro informático, salta unha alarma que obriga aos bombardeiros estadounidense a dirixirse coa súa carga cara a Moscova…”

Programacion Maio 17

 

Na proxección especial do Día das Letras Galegas a entrada será de balde, mentres nas outras dúas será libre para os nosos socios e de 4 euros para o resto do público.

Programación Abril

Este mes de abril teremos dúas proxeccións no Salón García no horario habitual de 21:00 horas.

A primeira delas terá lugar mañán mércores día 5 de abril, sendo a protagonista a traxicomedia española de 2016 “María (y los demás)”, ópera prima de Nely Reguera protagonizada por unha Bárbara Lennie en auténtico estado de gracia, que foi nominada por este traballo á mellor interpretación feminina na última gala dos Premios Goya.

 

“Desde a morte da súa nai cando ela tiña 15 anos, María ocupouse do seu pai e dos seus irmáns. Responsable e controladora, sempre ten sido a base da familia, algo do que se sente moi orgullosa. Por iso cando o seu pai namora da súa enfermeira e anuncia o seu compromiso, María sinte que a súa vida desmorónase. Solteira e con 35 anos, ten que atreverse a mudar o seu destino”.  
 
Programacion-Abril-17

 

A seguinte proxección terá lugar o mércores 19, cunha sesión dobre de dúas mediometraxes. As elixidas son “The Hand” (A man), de Wong Kar-Wai, e “La Jetée” (O peirao), de Chris Marker.
“The Hand” (2004, 44 min) foi concebida orixinalmente como parte da película de episodios “Eros”, que se completa coas pezas de Steven Soderbergh e Michelangelo Antonioni. Foi a peza de Wong Kar-Wai a que levou a maior parte dos aplausos, chegando a estrearse en moitos países de forma independente. “La Jetée” (1962, 29 min) é unha obra de arte creada a partir de fotos fixas. Como curiosidade, esta mediometraxe inspirou “12 Monos” de Terry Gilliam e o videoclip “Jump They Say” de David Bowie.

 

A entrada para estas proxeccións é de balde para os nosos socios e de 4 euros para o público xeral.

 

Aproveitamos esta comunicación para recordar que en todas as nosas proxeccións, en colaboración coa SOGAPS (solidaridade galega co pobo saharaui) actuaremos como punto de recollida de aceite de oliva, utilizado para uso alimentario e para a elaboración de medicamentos. Moitas grazas a todos pola aportación!

Hijos de las nubes, la última colonia.

Este miércoles os invitamos a ver “HIJOS DE LAS NUBES, LA ÚLTIMA COLONIA”. Documental de Alvaro Longoria Producido por Javier Bardem.
Premiado al Mejor largometraje documental en los Goya.

La película es un viaje personal en el que Bardem guía a la audiencia por el tortuoso camino de la diplomacia mundial y la terrible realidad de un pueblo abandonado, buscando comprender cómo hemos llegado a esta situación y cómo se podría evitar otra guerra en África.

La totalidad de la recaudación se donará a SOGAPS (Solidaridade Galega co pobo Saharaui)

Días de Cine

hijos-de-las-nubes-la-ultima-colonia

 

Programación de Marzo

Este mes de marzo tres proxeccións, todas no Salón García da Casa da Cultura e en horario de 21 horas.

A primeira delas terá lugar este mércores 8 de marzo, coincidindo co Día Internacional da Muller Traballadora. En colaboración con O Soño de Lilith, o Concello de Vilagarcía e a Deputación de Pontevedra, proxectarase o filme colaborativo “Visións” e haberá unha charla-coloquio coa presenza de Andrea Zapata-Girau, unha das realizadoras.

“Visións” xurdiu dentro de “Cinema e Muller”, un proxecto da Deputación co fin de visibilizar as creadoras do audiovisual e fomentar unha maior participación das mulleres na creación da cultura e a arte. Trátase dun filme colectivo, unha película de curtametraxes”con temática de xénero, na que as realizadoras recibiron a proposta de crear unha peza nun prazo de dous meses.

A entrada é de balde.

 

Cinema e Muller

 

 

O mércores 15 proxectarase “Oulda Lemzum” (Fillos das Nubes), dirixida por Álvaro Longoria e producida por Javier Bardem. Terá un prezo fixo de 4 euros, destinado íntegramente á asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui.

 

Finalmente, o mércores 22 proxectarase “Die Brücke” (A Ponte), cinta alemana de 1949. A entrada é de balde para os socios de Ádega e de 4 euros para o público xeral.

 

Programación Febreiro

Este mes de febreiro proxectaremos dúas longametraxes no Salón García da Casa da Cultura de Vilagarcía (Rey Daviña 14), ambas en VOSE.

A primeira proxección terá lugar o mércores día 8 ás 21:00 horas, sendo a protagonista a cinta islandesa de 2015 “Fúsi / Virgin Mountain” (Corazón xigante). Dirixida por Dagur Kári, “Corazón xigante” foi estreada na 65ª edición do Festival de Berlín, e obtivo, entre outros premios, o de mellor actor e mellor argumento no Festival de Cine de Tribeca.

“Aos seus 43 anos, Fúsi é un inadaptado, con sobrepeso, que nunca tivo moza e sendo o seu único interés as batallas da Segunda Guerra Mundial, que reproduce en miniatura no apartamento que comparte coa súa nai. Un día recibe un cupón para asistir a unha escola de baile, onde coñece a Sjönf, unha muller solitaria, coma él, con profundas feridas psicolóxicas” 


Febreiro
 

O mércores 22, tamén en horario de 21:00 horas, proxectarase o filme de 1966 “Seconds” (Plan diabólico), dirixido por John Frankheimer e con Rock Hudson, Salome Jens e John Randolph nos papeis principais. Trátase dunha mistura de thriller psicolóxico, drama e acción sobre a obsesión coa eterna xuventude.

“Hamilton, un importante executivo canso do tipo de vida que leva, soña con convertirse en alguén distinto e comezar unha nova vida. A través dun amigo que cría falecido, Hamilton é abordado por unha sociedade secreta coñecida como a “Compañía”.”



En ambas proxeccións o acceso é de balde para os socios e de 4 euros para o público xeral.

 

Asamblea Xeral Anual

Anunciamos que o mércores 15 terá lugar a Asemblea Xeral Anual Ordinaria do Cineclube, na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal, ás 20:00 en primeira convocatoria e 20:30 en segunda convocatoria.

¡Esperamosvos!

Página 1 de 5

© 2017 Cine Clube Ádega & Web desarrollada por Prixma. &Aviso Legal - Política de Cookies

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR