Pasado
O Cine Clube Adega leva desde 1976 participando e dinamizando a vida cultural de Vilagarcía de Arousa. Da súa importancia fala o feito de ter sido en Vilagarcía onde se fundou a Federación de Cineclubes de Galicia no ano 1984.

Comezou proxectando no auditorio da «Caixa de Aforros Municipal de Vigo» todos os venres; así até o ano 1988, cando comezaron a facelo nos multicines «Gran Arosa», alugando unha sala para proxectar 2 ou 3 citas ao mes. Un dos filmes era de actualidade cinematográfica e outro filme era sobre a «Historia do Cinema».

Cine Clube Adega ofreceu durante moitos anos múltiples e variadas actividades, que de entre as cales caben destacar, un concurso fotográfico e a exitosa “Semana de Cine”, na cal se exhibían durante unha semana do mes de agosto varias películas ao día, cunha gran repercusión na zona debido á alta afluencia de turistas.

No 2009 o número de actividades reduciuse debido ao custo económico, xa que a única posibilidade de proxectar era nos Cines MGA o cal supoñía un altísimo custo e un gran esforzo para os seus integrantes polo que se paralizou a actividade quedando en estado latente.

Presente
Desde marzo de 2015 un grupo de persoas, próximas e afeccionados ao cinema consideraron necesario o retomar a vida do Cine Clube na nosa cidade co fin de difundir a cultura cinematográfica e estimular o interese polo estudo e goce do cinema achegándoo á sociedade de forma educativa e crítica.
Os obxectivos xerais son dotar a Vilagarcía dunha canle de distribución estable e de calidade que converta a esta cidade nun lugar de referencia en Galicia, como foi noutros tempos, con respecto a esta arte. Así como, contribuír a unha mellora da cultura audiovisual galega convertendo o lugar de proxección nun punto de encontro, ademais de achegar ás público películas ás que nunca terían acceso e ensinar o cinema dunha maneira educativa e crítica ao público infantil e xuvenil da cidade.

Xunta directiva
Fernando López
Blanca García
Xavier Marqués
Miguel Pérez
Celso Callón
Carmen Sánchez
Alberto Ibáñez

Pasado
El Cine Club Adega lleva desde 1976 participando y dinamizando la vida cultural de Vilagarcía de Arousa.
Cine Club Adega ofreció durante muchos años múltiples y variadas actividades, que de entre las cuales caben destacar una proyección de cine cada semana, un concurso fotográfico y la exitosa “Semana de Cine”, en la cual se exhibían durante una semana del mes de agosto varias películas al día, con una gran repercusión en la zona debido a la alta afluencia de turistas.
En el 2009 el número de actividades se había reducido debido al coste económico, ya que la única posibilidad de proyectar era en los Cines MGA lo cual suponía un altísimo coste y un gran esfuerzo para sus integrantes por lo que se paralizó la actividad quedando en estado latente.

Presente
Desde marzo de 2015 un grupo de personas, cercanas y aficionados al cine han considerado necesario el retomar la vida del Cine Club en nuestra ciudad con el fin de difundir la cultura cinematográfica y estimular el interés por el estudio y goce del cine acercándolo a la sociedad de forma educativa y crítica.
Los objetivos generales son dotar a Vilagarcía de un canal de distribución estable y de calidad que convierta a esta ciudad en un lugar de referencia en Galicia, como fue en otros tiempos, con respecto a este arte. Así como, contribuir a una mejora de la cultura audiovisual gallega convirtiendo el lugar de proyección en un punto de encuentro, además de acercar al público películas a las que nunca tendrían acceso y enseñar el cine de una manera educativa y crítica al público infantil y juvenil de la ciudad.

Junta directiva
Fernando López
Blanca García
Xavier Marqués
Miguel Pérez
Celso Callón
Carmen Sánchez
Alberto Ibáñez

cineclube-adega-actividades-087342379385_n