Con motivo do Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller o mércores día 28 proxectamos o filme “Migas de pan” e temos a sorte de poder contar coa súa Directora, Manane Rodríguez, para que nos presente esta cinta.

O filme protagonizado por Cecilia Roth e Justina Bustos foi seleccionado por Uruguai para competir polo Óscar 2017 á mellor película de fala non inglesa.

A cineasta de orixe Uruguaia, logo de cultivar este importante éxito de ser candidata por Uruguai aos Premios Óscar, dirixirá a série “Academia de mulleres“, un proxecto para televisión que nace en Galicia e cun equipo formado integramente por mulleres.

Logo poderemos charlar e debatir con ela e tamén coa comunicadora e periodista Alba Tomé de O Soño de Lilith, sobre o filme e sobre o tema que se fai referencia.

En colaboración coa Concellería da Muller do Concello de Vilagarcía e a Asociación O soño de Lilith.

Entrada de balde ata completar aforo.