Xa vos podemos adelantar a Programación de Marzo!

Este próximo 7 de Marzo con motivo o día seguinte da celebración do Día Internacional da Muller proxectaremos o filme Certain Women gracias a colaboración coa Consellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Vilagarcía de Arousa e coa asociación  “O soño de Lilith“.  Esta aclamada película polas suas grandes interpretacións tamén confirma a sua directora, Kelly Reichardt, como a principal poetisa do cine do noreste dos Estados Unidos.

A seguinte peli será o día 21 , “Baran (Chuvia)”, unha belísima, aleccionadora e escueta cinta que conta a historia duns refuxiados afganos dende a mirada dun adolescente iraní. Premios a Mellor director e mellor guión no Festival de Gijón e a Mellor película no Festival de Montreal.

As películas se proxectan coma sempre no Salón García da Casa da Cultura de Vilagarcía e comezarán as 21 horas.

 

!Nos vemos no Cine Clube!