Categoría: Outubro

Programación Outubro

Neste mes de outubro, como vén sendo habitual, o programa é de dúas proxeccións cinematográficas no Salón García da Casa da Cultura, ambas en versión orixinal subtitulada en castelán.

A primeira delas terá lugar este mércores día 10 de outubro, ás 21:00 horas, sendo a cinta protagonista “The Florida Project”. Dirixida por Sean Baker (Tangerine) en 2017, fai un retrato irónico dun barrio chabolista colindante co maior imperio vacacional dos EEUU: Disneyworld.

“Unha nena de 6 anos e os seus amigos pasan o verán nun pequeno motel próximo a Disneyworld, mentres os seus pais e o resto de adultos que os rodean sofren aínda os aefectos da crise”

O mércores 31 proxectaremos a británica “Wonderland” (1999, Micael Winterbottom). Trátase dunha crónica da vida de 3 irmás londinenses. O talento de Winterbottom, xunto coas magníficas interpretacións e a música de Michael Nyman converte esta historia nunha das máis fermosas sinfonías urbanas das últimas décadas.

A entrada para as proxeccións é de balde para os socios de Ádega e de 4 euros para o público xeral.

 

Programación Outubro

Neste mes de outubro temos programada a proxección de dúas longametraxes, “Once” (Unha vez) e “The Straight story” (Unha historia verdadeira), ambas en versión orixinal subtitulada. A diferencia do que vén sendo habitual, as proxeccións terán lugar en dúas semanas consecutivas (mércores 11 e 18), xa que a partir do día 23 comeza o festival organizado por Curtas.

Este mércores día 11 de outubro, no Salón García da Casa da Cultura e en horario de 21 horas, proxectaremos a cinta irlandesa “Once” (unha vez), dirixida por John Carney en 2007 e protagonizada por Glen Hansard e Markléta Irglová. A película obtivo o premio Oscar á mellor canción orixinal.

“Glen Hansard é un cantante e compositor que interpreta as súas cancións polas rúas de Dublín. Durante o día gaña un diñeiro extra interpretando cancións coñecidas para os transeúntes, mentras pola noite toca os seus propios temas, nos que conta a súa ruptura amorosa. O seu talento non pasa desapercibido para Markéta Irglová, unha inmigrante checa que vende flores na rúa. Ela tampouco tivo sorte no amor, e escribe cancións para sentirse mellor, mais ela non as interpreta en público como Glen. Markéta e Glen terminan facendo un dueto improvisado e descubren que hai algo que os une…”

outubro1

O próximo mércores, día 18, proxectarase o film de David Lynch de 1999 “The Straight Story” (Unha historia verdadeira), basada na historia real de Alvin Straight, un home de 73 anos que viaxou de Iowa a Wisconsin montado na súa segadora John Deere.

“Alvin Straight (Richard Farnsworth) é un achacoso ancián que vive en Iowa coa súa filla discapacitada (Sissy Spacek). Alén dun efisema e pérdida de visión, ten graves problemas na cadeira que case lle impiden pórse de pé. Cando recibe a nova de que o seu irmán, co que leva 10 anos enemistado, sufriu un infarto, decide ir a visitalo a Wisconsin. Para iso terá que percorrer unha distancia duns 500 kilómetros a bordo do único medio de transporte do que dispón, un pequeno tractor”

A entrada é de balde para os socios do Cineclube e de 4 euros para o resto.

Programación Outubro

cartel-prog-outubro-16

© 2018 Cine Clube Ádega & Web desarrollada por Prixma. &Aviso Legal - Política de Cookies

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies