Categoría: Setembro

Programación Setembro

Este mes de setembro debido ás condicións do Covid 19 faremos unha proxeción.

Sempre colaboramos con outras asociacións e demáis colectivos da nosa contorna na procura de sinerxias e neste caso a colaboración é co Festivala, que este ano visibiliza o eco-feminismo. Con esta temática traemos este filme que temos moitas ganas de ver, «A muller da Montaña»

Considerada a gran comedia revelación do ano en Europa, «A muller da montaña» é un conto heroico contado como unha aventura. Halldóra Geirharð sdóttir interpreta a unha muller que se esforza por ser unha persoa real, unha especie de Artemisa que asume o papel de salvar á Nai Terra e as súas xeracións futuras.

Sinopse: «Aos seus cincuenta anos, Acha, profesora de canto, declara a guerra á industria local do aluminio, que está a contaminar o seu país. Para iso, toma todo tipo de riscos co fin de protexer o medio ambiente en Islandia. Pero a súa situación podería cambiar coa chegada inesperada unha carta que dá luz verde por fin aos seus trámites de adopción dunha nena.»

Logo do filme temos unha charla coa antropóloga, enxeñeira, profesora e activista, Yayo Ferreiro que configurouse como unha das principais defensoras en España do ecofeminismo, unha teoría e unha práctica que permite vincular opresións e entender o mundo combinando as ferramentas da ecoloxía social e o feminismo.

A entrada é de balde ata completar aforo.

Se roga vir con tempo para cumplir con todas as medidas de seguridade Covid19.

Programación Setembro

Despois da existosa edición da Semana de Cine 2017 e dun pequeno descanso estival, neste mes de setembro volve a programación regular do Cineclube Ádega. A selección deste mes está composta por «Tarde para la ira», o celebrado debut de Raúl Arévalo como director, e «Tengoku to Jigoku» (O inferno do odio), unha obra mestra de Akira Kurosawa.

A primeira proxección terá lugar este mesmo mércores día 13, no Salón García da Casa da Cultura de Vilagarcía no horario habitual de 21:00 h, sendo a cinta protagonista «Tarde para la ira». Gañadora de 4 premios na última edición dos Goya (Mellor Película, Mellor Dirección Novel, Mellor Guión Orixinal e Mellor Actor de Reparto), a estrea de Raúl Arévalo na dirección é un thriller de vinganza, hiperrealista e áspero, se ben o realizador califícaa como «un drama con toques de thriller»

«Madrid, agosto de 2007. Curro entra na cadea tras ter participado no atraco a unha xoiería. Él era o conductor, e o único detido polo roubo. Oito anos despois sae do cárcere con gana de comezar unha nova vida coa súa moza e o seu fillo, mais atoparase cunha situación inesperada e a un descoñecido, José.

 
setembro2017
 
 A seguinte cita será o mércores 27, no mesmo lugar e hora, coa proxección de Tengoku to Jigoku (O inferno do odio), un clásico do cinema xaponés dirixido por Akira Kurosawa en 1963. Trátase dun fascinante thriller de detectives dirixido coa precisión e mestría habitual do xenio nipón, no que as pesquisas policiais acompáñanse de apuntes morais sobre a ética, o traballo ou as clases sociais.
 
 
«Nun momento crucial da súa vida financeira, un directivo dunha importante empresa de calzado recibe a nova de que o seu fillo foi secuestrado. O rescate exixido é unha importante cantidade de diñeiro que o protagonista necesita para pechar unha negociación que lle daría o control da empresa» 
 
 A entrada para as proxeccións é de balde para os socios e de 4 euros para o público xeral. 

Programación Setembro

Cartel Programacion SETEMBRO 16

© 2020 Cine Clube Ádega & Web desarrollada por Prixma. &Aviso Legal - Política de Cookies

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies