Categoría: Xaneiro

Programación Xaneiro

Comezamos o 2019 con dúas longametraxes en Xaneiro no Salón García da Casa da Cultura de Vilagarcía e en horario de 21:00 horas.
A primeira das proxeccións terá lugar este vindeiro mércores día 9 de xaneiro, sendo a longametraxe protagonista «Sanma No Aji» (O sabor do Sake), de Yasujiro Ozu.

«Shubei Hirayama é un viúvo que vive coa súa filla de 24 anos. Sentíndose vello e acabado, pensa no inxusto que é o feito de que unha moza viva única e exclusivamente para coidalo e decide casala. Aínda que ela se resiste a abandonar ao seu pai, finalmente acabará facéndoo. Entón Shubei buscará no licor do sake o refuxio da súa soidade, o consolo da súa angustia»  

A segunda cita será o mércores 23, coa proxección de «What we do in the shadows» (O que facemos nas sombras). Trátase dun divertidísimo e terrorífico falso documental sobre a vida dun grupo de vampiros que comparten piso na capital neocelandesa. 

Coma sempre a entrada para estas películas é de balde para os socios xa que está incluida na cuota e de 4 euros para o público xeral, como socios por un día.

Programación Xaneiro

Neste mes de xaneiro proxectaremos dúas longametraxes, coma sempre en VOSE e con entrada libre para os socios e de 4 euros para o público xeral.

 A primeira delas será este mércores día 18 no Salón García ás 21 horas, sendo a cinta elixida «Carol» (R.Unido, 2015), dirixida por Todd Haynes e protagonizada por Cate Blanchett e Rooney Mara (ambas nominadas, entre outros premios, aos Oscar e BAFTA).

  «New York, anos 50. Unha xoven aspirante a fotógrafa que traballa como dependenta nunha tenda de Manhattan coñece un día a Carol Aird, unha sofisticada e elegante muller atrapada nun matrimonio infeliz.Nace entre elas unha conexión inmediata, cada vez máis intensa e profunda» 

xaneiro

 A seguinte proxección terá lugar o mércores 25 ás 21h, tamén no Salón García. Nesta ocasión a protagonista será «Le Locataire» (O quimérico inquilino), de Roman Polanski (1976).

«Polanski interpreta ao agradable Trelkovsky, o caseiro dun apartamento en París cun sombrío pasado…a anteior inquilina tirouse polo balcón. As súas pertenencias continúan alí, alimentando a obsesión de Trelkovsky pola muller».

 

© 2019 Cine Clube Ádega & Web desarrollada por Prixma. &Aviso Legal - Política de Cookies

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies