Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

«The Manueles» Surf rock e Proxeción de «Psycho Beach Party»

25/07/2019 @ 08:00 - 17:00

Comezamos a xornada surfeira na praia co concerto de «The Manueles»

The Manueles é un grupo de surf rock que repasa o legado que deixou a inspiración do fundador do estilo na California dos últimos anos cincuenta. Manuel Freitas, emigrante galego en California, creou o grupo xerminal do estilo sen chegar a gravar nunca un disco, The BlaCk Rinchas. A pesar do seu inexistente legado discográfico, a súa lenda inspirou a grupos posteriores como The Shadows, The Ventures, Dick Dale e incluso ó pioneiro da guitarra eléctrica Link Wray.

O repertorio de The Manueles baséase nese legado de segunda man, para investigar a dimensión sonora que Freitas creou indirectamente con The Black Rinchas. Con respecto cara esa tradición tamén revisan algún standard de jazz rebozado no que poderíamos chamar un Black Rincha flavouring.

 

Logo do Concerto a Peli «Psycho Beach Party»

Unha adolescente cun beizo leporino, un rapaz con soriasis, un mozo cun só testículo… Nas praias de Malibú dos anos 60 un asasino está a acabar cos mozos e mozas que teñen algún trazo que os fai diferentes aos demais. “Yogurcito” é unha aspirante a surfeira con múltiples personalidades que se converte na principal sospeitosa. Pode ser ela a homicida sen sabelo? Será a súa nai coa súa aversión polos homes a que está detrás dos crimes? Ou quizais algún dos surfeiros?
É unha divertidísima mestura de varios xéneros cinematográficos de Hollywood e cunha banda sonora dos mellores grupos modernos de música surf (os Straijackets, The Fathoms…) que nos farán bailar mentres nos rimos a gargalladas.

 

 

Detalles

Fecha:
25/07/2019
Hora:
08:00 - 17:00
Etiquetas del Evento:
, , ,

Local

Praia de Compostela
Av. Rosalía de Castro, 93-129
Villagarcía de Arosa, Pontevedra 36600 Spain
+ Google Map

© 2020 Cine Clube Ádega & Web desarrollada por Prixma. &Aviso Legal - Política de Cookies

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies