Dentro das actividades de “Festivala: mulleres creando”, este mércores día 13, ás 21 horas no Salón García, proxectaremos a curta “Feminazi“.

A continuación, coloquio coa presenza da periodista, guionista e agora directora Diana López Varela, que acaba de estrear a súa primeira curtametraxe, onde resume o suposto medo que teñen os homes ao feminismo. Basándose no humor negro e a ironía con toques de mala leite. 

Entrada de balde

“Non é que me faga a máis mínima gracia o machismo, é que a comedia sempre ten algo de verdade e de dor, e é neste xénero onde consigo facer a miña propia catarsis”, explicaba a directora.