Lúa Vermella (Especial Letras Galegas)

Título original Lúa vermella

Año 2020
Duración 84 min.
País España
Dirección Lois Patiño
Fotografía Lois Patiño
Reparto
Ana Marra, Carmen Martínez, Pilar Rodlos, Rubio de Camelle
Productora
Zeitun Films, Amanita Films
Género
Drama. Fantástico | Secuestros / Desapariciones
Sinopsis
El tiempo parece detenido en un pueblo de la costa de Galicia. Todo el mundo está como paralizado, pero aún podemos escuchar sus voces: hablan de fantasmas, brujas y monstruos. Tres mujeres aparecen y empiezan a buscar a Rubio, un marinero que ha desaparecido recientemente en el mar.​
Premios
2020: Premios Feroz: Nominada al Premio especial
 

Achégase o día das Letras Galegas!

Nós celebraremos o mércores 19 de maio, este homenaxe á creación literaria en galego e pola defensa da lingua. Nesta ocasión dedica-rase a Xela Arias, quen foi unha das voces máis destacadas da poesía galega contempo-ránea. Xela supuxo unha renovación da poesía nos anos 80 e é por iso que, consideramos oportuno presentarvos a película Lúa Vermella de Lois Patiño, que do mesmo xeito que a obra desta autora, supón unha innovación ademais dunha representación do ‘Novo cinema galego’.

Lois Patiño amósanos a través desta historia fantasmagórica, unha creación esencial-mente visual e mesmo poética que non deixa indiferente a ninguén. Transpórtanos á Costa da Morte e a esas preciosas paisaxes galegas, empregando novas maneiras de ex-plicar vellas historias -mitos e lendas, o mar, a morte, as meigas- a través de reflexións de voces en off e na súa versión orixinal, que non podía ser outra que o galego.

As súas imaxes vólvense cada vez máis fascinantes segundo avanza o filme, polo que con-sideramos que todo o mundo debería ter a oportunidade de ver esta obra, se é posible nunha pantalla grande.

Que é Lúa Vermella? Sen dúbida, unha declaración de amor a Galicia.

 

¿Que dixo a crítica?


LA VOZ DE GALICIA – SABELA PILLADO
“Misteriosos monstros mariños, homes que volven da morte, habitantes dunha aldea que ben parecen mortos en vida…Todo iso e moito máis (maxia, misticismo, crenzas milenarias, etnografía…) é Lúa Vermella. Imaxes poéticas, metafóricas, acompañadas de música inquietante, e nas cales a fronteira entre as Artes dilúese, asistindo a unha sucesión de cadros pictóricos, uns tableux vivants poboados de revenants, onde ecos a Turner, Comstable ou Friedrich fálannos do salvaxe e o costumista, así como da peque-nez do home fronte á inmensidade da natureza.”

ZIG ZAG CRTVG – ÁNGEL SUANCES
Estamos ante o cineasta galego, seguramente podemos expandir esta idea máis aló dos límites de Galicia, que mellor encadra. Cada fotograma podería ser un cadro, e precisa-mente por iso debe verse en pantalla grande.”

 

EL PAÍS – JAVIER OCAÑA
“A habitual simbiose entre a paisaxe física e a paisaxe humana das películas máis ape-gadas ao estilo do movemento cinematográfico galego xorde de novo cun traballo de ce-gadora capacidade visual.”

ABC – ANTONIO WEINRICHTER
“A súa ambición -en referencia a Patiño- lévalle a meterse no charco (a frase vén a conto porque esta é unha película de auga e de potentes imaxes inefables, ao Tarkovski) de acometer o máis difícil modo literario de levar á pantalla: o do realismo máxico. Claro que se hai un sitio onde pode alumarse tal criatura é en Galicia.”

LA RAZÓN – MATÍAS G. REBOLLEDO
“Na súa Lúa Vermella, silente e marabillosa, o espírito do Novo cinema galego manifés-tase mediante pantasmas que homenaxean a ‘O Ángelus’ de Millet e criaturas mariñas que beben do mellor Lovecraft”

 

Lúa Vermella ten unha ampla traxectoria no seu paso por festivais. Pasou polo Berlinale Fó-rum de Alemaña, en 2020, ademais do Festival Internacional de Cinema de Cartaxena de Indias. Tamén pasou polo Festival Indie Lisboa, o Festival Internacional de Cinema de Jeonju en Corea do Sur e o Festival Internacional de Cinema de Xangai. Por último pasou polo Fes-tival de Málaga 2020, onde foi premiada á Mellor Película Española Zonazine.

¡Agotado!

Fecha

19 May 2021
Eventos pasados

Hora

20:30

Coste

Gratis

Localización

Salón García
Rúa do Alcalde Rey Daviña, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra

Los comentarios están cerrados.

© 2021 Cine Clube Ádega & Web desarrollada por Prixma. &Aviso Legal - Política de Cookies

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies