Programación MAIO

Neste mes de maio vimos cargados con catro filmes

O primeiro deles será o filme da década dos 2000 elexido polos socios dentro das proxeccións históricas do cineclube e os outros tres formarán parte dun ciclo de cine galego.

As proxeccións viran repartidas entre mércores e venres.

Este mércores 6 será a quenda da película danesa do 2002 “Te quiero para siempre” (Elsker dig for evigt) de Susanne Bier, un dos mellores filmes desta excelente directora e unha das obras máis representativas do movemento Dogma, coa que déronse a coñecer internacionalmente o carismático e prolífico actor Mads Mikkelsen e a propia Susanne Bier.O filme aborda a complexidade das relacións humanas, onde teñen cabida o amor, o dolor, a lealtade e un sinfín de emocións e decisións que non teñen resposta nin solución sinxela. Sen dúbida, trátase dun filme intenso onde os seus protagonistas viven e actúan a corazón aberto, como ben indica o seu título en inglés (Open hearts). O pase será de balde para os socios/as, un prezo reducido de 2,5€ para estudiantes e desempregados e 4e para o resto do público.

O venres 15 proxectaremos a gran triunfadora do cine galego deste último ano, o filme de Ángeles Huerta con guión de Pepe Coira “Antes de Nós” que acadou trece premios Mestres Mateo. Esta será unha proxección en colaboración coa concellería de cultura e coa Filmoteca de Galicia, polo que o pase será de balde para todo o mundo ata completar aforo.

O seguinte alto no camiño será o mércores 20 coa mediometraxe documental “Altas luces” (2026), dirixido por Pilar Abades, Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva, explora a relación entre a fotografía, a mirada e o xénero, afondando na construción da representación do corpo feminino ao longo da historia. Esta será unha nova colaboración do cineclube con Festivala. O pase e coloquio posterior de balde para todo o mundo. 

E remataremos este ciclo de cinema galego o venres 29 co filme de 2024, escrito e dirixido por Alejandro Enríquez “Rapa, xente ao monte” un documental sobre a ameaza a que se enfrenta o cabalo galego de monte. O pase será de balde para os socios/as e terá un coste reducido de 2,5€ para o resto do público por tratarse dun filme en colaboración coa Filmoteca de Galicia.

Queres estar a última das actividades do 50 aniversario?

Apúntate a nova canle de WhatsApp.

Queremos que non vos perdades nada das actividades que estamos realizando con motivo do 50 aniversaro do Cineclube Ádega por iso vos iremos informando de todo o que se coce.

É moi sinxelo accede dende este enlace Canle Cineclube Ádega ou escanea o código QR.

Programación Abril

Durante o mes de abril, por problemas de dispoñibilidade do Salón García, retomaremos as sesións en mércores. E como no pasado mes de marzo, vimos con tres propostas moi diferentes.


Comezaremos o día 8 coa nova película de Jim Jarmusch, “Father Mother Sister Brother” (2025), que tras seis anos de silencio voltou pola porta grande levándose o León de Ouro no último Festival de Venecia. Con esta obra Jarmusch volve a propoñernos un novo filme por episodios, como xa fixera entre fináis dos oitenta e principios dos noventa con obras coma Mystery Train, Noite na tierra ou as coleccións de curtas Coffee and cigarettes. Neste filme tamén volve a contar con Adam Driver e recupera a Tom Waits, ademáis de actrices tan consagradas como Cate Blanchett e Charlotte Rampling. Jarmusch encargouse da dirección, guion e banda sonora.  A película está dividida en tres episodios ao redor dun mesmo feito: o reencontro dos membros dunha familia.  

A seguinte proposta chegará o mércores 15. “Ju Dou Semilla de crisantemo” (1990). Forma parte dos actos do 50º Aniversario, xa que resultou a gañadora entre as películas dos 90 que xa foran proxectadas noutras etapas do cineclube. Filme, por certo, moi ben escollido xa que trátase dunha das mellores obras do gran director chinés Zhang Yimou. Protagonizada pola que fora a súa esposa e musa Gong Li, trátase dun melodrama ambientado na China rural dos anos vinte do pasado século.


E remataremos o mes o mércores 22 co novo documental de José Luis Guerín “Historias del buen valle” (2025), gañador do Premio especial do Xurado no Festival de San Sebastián. Trátase dunha ollada hunanista sobre Valbona, un barrio do extrarradio barcelonés, que serve de ponte entre o mundo urbano e o rural, onde conviven os primeiros emigrantes cos recén chegados, facendo de Valbona unha auténtica aldea global. 

Programación Marzo

Comezaremos este venres 6 cunha escolma de curtametraxes en femenino, o que supón unha nova colaboración co CIM Vilagarcía. Proxectaremos as 5 curtas gañadoras da última edición do certamen “Cortos en femenino”. A entrada será de balde para todo o mundo ata completar aforo.


O venres 13 será a quenda do filme que representará a década dos 80 na historia do cineclube, “Lenny” dirixida por Bob Fosse e interpretada maxistralmente por Dustin Hoffman. Lenny é o filme co seu director fixo entre os espléndidos musicais Cabaret e All that Jazz, polo que trátase dun filme feito nos anos 70 pero proxectado no cinecluble na década dos 80. Estivo nomeada a 6 Oscars incluidos mellor película, director, actor e actriz principais.


Remataremos o mes o venres 27 co comezo dunha nova etapa colaborativa coa Filmoteca de Galicia. E para comezar a primavera cun sorriso proxectaremos a comedia francesa de 2024 “Tres amigas”, dirixida por Emmanuel Mouret.

Programación Febreiro

Febreiro será o mes para dous filmes triunfadores do pasado Festival de Cannes.

Por unha banda este venres día 6 proxectaremos a película chinesa de 2024 Black dog

Trátase dun neowestern ambientado nunha cidade semiderruida e fantasmagórica pola que deambulan xaurías de cans ferais, que foron abandonados cando os que foran seus donos deixaron a súa antiga cidade industrial nos límites do Deserto do Gobi para mudarse ás cidades modernas na nova China.

E a esa cidade fantasmal, case marciana, coma saída dun Mad Max ateigado de cans, é á que retorna o protagonista tras cumprir unha longa pena de prisión nos días previos aos Xogos Olímpicos de Beijing.  Black dog foi considerada como mellor película na sección Un Certain Regard do Festival de Cannes, tamén está nomeada como mellor filme extranxeiro nos premios César e na Seminci acadou os premios de mellor director e mellor fotografía.
 

O mércores 18 será a quenda da coproducción irano-franco-luxemburguesa de 2025 “Un simple accidente”

Escrita e dirixida por Jafar Panahi, saltándose como de costume un dos seus innumerables arrestos domiciliarios. O filme é unha demoledora fábula en clave de thiller dramático sobre o Irán actual e tamén da propia vida do director. 

A cinta resultou gañadora de incontables premios; entre outros alzouse coa Palma de Ouro en Cannes, mellor director polo Círculo de Críticos de New York, mellor guión pola Asociación de Críticos de Los Ángeles e nomeada aos Oscars deste ano como mellor filme internacional e mellor guión orixinal.

Planeta Ádega

“Planeta Ádega” Órbitas de cine e libros

📚🎬 PLANETA ÁDEGA: ÓRBITAS DE CINE E LIBROS
🎙 Podcast en directo
📅 Venres 30 de xaneiro | 20:00–21:00
📍 Libraría Planeta Mozo (Vilagarcía)

Conversas sobre cine, libros, series e cultura audiovisual co Cineclube Ádega, Planeta Mozo, Sara García (@meigaris) e Fiona Lemos.

Abrimos un novo espazo de conversa cultural na Libraría Planeta Mozo (Vilagarcía de Arousa): Planeta Ádega: Órbitas de Cine e Libros, un podcast en directo para falar sen présa de cine, libros, series, adaptacións e cultura audiovisual.

A proposta nace como un diálogo aberto entre páxinas e pantallas, pensado para escoitar, opinar e compartir arredor das historias que nos acompañan.

👥 Participan:

🎥 Un membro do Cineclube Ádega (Xavier Marqués)

📚 Un membro de Planeta Mozo (Àlvaro)

📖 Unha bookstagrammer (Sara @meigaris)

🎞 The one and only Fiona Lemos

Un diálogo aberto entre páxinas e pantallas, pensado para escoitar, opinar e compartir 🎧✨

🟡 Entrada libre ata completar aforo

Página 1 de 29

© 2026 Cine Clube Ádega & Web desarrollada por Prixma. &Aviso Legal - Política de Privacidad - Política de Cookies

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies