Categoría: Novas (Página 1 de 14)

Programación MAIO

Do oscarizado director Ryûsuke Hamaguchi (Drive My Car, mellor película estranxeira nos Oscars 2022), este mes de maio traémosvos A ruleta da fortuna e da fantasía (2021), o seu filme anterior que tivo unha enorme acollida entre a crítica internacional. Dividida en tres historias independentes, esta obra de apariencia sinxela e dotada de asombrosa simetría estructural nos fala do azar das relacións humanas, de segredos por confesar e sentimentos non expresados que farán aflorar entre os personaxes (e o público) as emocións máis profundas. É unha cinta que non deixa de sorprender. Proxección: mércores 4 de maio.

E co motivo do Día das Letras Galegas, este ano proxectaremos A virxe Roxa de Marcos Nine, o documental que se alzou gañador do premio Mestre Mateo deste ano polo seu poderío visual e narrativo. O documental, que inclúe partes de animación, recupera a historia da ferrolá Aurora Rodríguez, muller que pasou á historia por se-la asasina de Hildegart Rodríguez, a súa propia filla, concibida por Aurora coma un experimento. Se queres saber máis sobre estas dúas mulleres non te perdas a proxección. A entrada será de balde, e o director Marcos Nine estará presente para introducir a súa obra e conversar co público. Proxección: mércores 18 de maio.

Reserva xa as túas entradas aquí!

Programación ABRIL

Para o mes de abril propoñémosvos dúas películas que nos achegan á realidade social dende perspectivas moi diferentes:

Seis días correntes (2021), a aclamada comedia social de Neus Ballús, introduce cun ollar amable e desprexuizado os conflitos comunicativos que poden xurdir do contacto entre inmigrantes e población local nunha situación tan cotiá como unhas obras. Proxección: mércores 6 de abril.

Pola súa banda, A última película (1971) nos fala das insatisfaccións e frustracións adolescentes nunha pequena vila de Texas nos anos 50. Esta foi a obra que consolidou a Peter Bogdanovich como director na esfera cinematográfica do momento, sendo incluso nominado ó Oscar a mellor director. Probablemente o maior éxito da súa longa traxectoria, queremos con esta película homenaxear a Bogdanovich, falecido o pasado mes de xaneiro. Proxección: mércores 20 de abril.

Podes reservar aquí as túas entradas.

Programación MARZO

Este mes de marzo temos programación especial con motivo do Día da Muller.

O día 9 programamos “A POETA ANALFABETA” con acceso de balde ata completar aforo, gracias a colaboración coa Área de Igualdade CIM do Concello de Vilagarcía.

Para o mércores 23 organizamos conxuntamente coa EOI de Vilagarcía unha proxeción baixo o lema “OLLADAS DE MULLER”. 6 curtametraxes feitos por directoras, correspondentes ás cinco linguas oficiais de ensino na Escola: alemán, francés, inglés, italiano e portugués, máis outro en Galego.

Podes reservar a túa entrada en neste enlace: RESERVAS

Programación Febreiro

Nova Canle de TELEGRAM!

Queremos facer o Cineclube máis participativo

Nesta canle podemos valorar os filmes emitidos, comentalos e compartir experiencias de visionados, ademáis de participar nas enquisas, compartir información en tempo real e atender as dúbidas e suxerencias dos socios e simpatizantes.

Apúntate a nova canlehttps://t.me/Adegacineclube

Grazas aos asistentes pola súa conciencia e comprensión, porque fan moi sinxelo que se cumpra o protocolo.

PROTOCOLO DE ACCESO DO CINE CLUBE ÁDEGA E MEDIDAS COVID19

Será necesario a reserva de entrada na web: www.cineclubeadega.com

Actualmente temos aforo limitado a 36 persoas na sala, de acordo coas recomendacións das autoridades sanitarias.

A información das proxeccións e dos filmes se poden consultar na mesma web do Cine Clube Ádega.

A apertura de portas realizarase con antelación para permitir un acceso gradual á sala.

O acceso e saída do público á sala realizarase de forma escalada e asegurando unha distancia física de polo menos 1,5 metros no vestíbulo e co persoal do Cineclube.

O uso dos aseos estará permitido soamente para unha persoa ao mesmo tempo, agás nos supostos de persoas que poidan precisar asistencia, que poderán levar un acompañante.

Disporanse de dispensadores de xel hidroalcohólico en varios puntos na zona de entrada e de carteis informativos nos puntos de acceso sobre as normas de obrigado cumprimento de a distancia mínima, uso de máscara e hixiene de mans.

Non se permite o acceso á sala ás persoas que presenten a seguinte sintomatoloxía: febre, calafríos, tos, sensación de falta de aire, diminución do olfacto e do gusto, dor de gorxa, dores musculares, dor de cabeza, debilidade xeral, diarrea ou vómitos.

Grazas.

Página 1 de 14

© 2022 Cine Clube Ádega & Web desarrollada por Prixma. &Aviso Legal - Política de Privacidad - Política de Cookies

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies