Este mes de febreiro cumplimos un dos teus soños e viaxamos a Latinoamérica!
Porque a túa voz importa e esta foi a proposta máis votada na nosa canle de Telegram, este febreiro traémosche un CICLO DE CINE LATINOAMERICANO.
Atenta ao itinerario:
Comezamos polo Norte: México, 1968, San Miguel de Canoa. Chega á vila un grupo de traballadores universitarios que, acusados de comunistas, serán rexeitados con violencia pola poboación local. Baseado en feitos reais e gravado en formato de falso documental, Felipe Cazals ofrécenos un relato no que a violencia institucional pode fácilmente convertirse en violencia real, e denuncia así feitos sanguinolentos acontecidos no seu país natal dos que pouco, ou nada, se coñece. Por algo o subtítulo do filme é “memoria dun feito vergoñento”.
CANOA (1976). Proxección: MÉRCORES 8 de febreiro, 21h00
Continuamos cara o Sur, ao único país de fala non-hispana en Latinoamérica: Brasil, anos 50, as inseparabales irmás Gusmão medran nun ambiente tradicional, mentres cada unha alimenta soños de cambio propios. Con esta sinxeleza argumentativa, Karim Aïnouz nos fala de conservadurismo, roles de xénero ríxidos e mulleres asfixiadas, esquecidas, con vidas invisibles (ou invisibilizadas). Baseada na exitosa novela homónima de Martha Batalha.
A VIDA INVISIBLE DE EURÍDICE GUSMÃO (2019). Proxección: MÉRCORES 15 de febreiro, 21h00
E dunha punta á outra: rematamos esta viaxe polo continente americano en Chile da man dun filme con gran recoñecemento internacional (gañadora dun premio en Sundance e nominada aos Golden Globes e aos Independent Spirit, entre outros). No seo dunha familia acomodada, a nana de toda a vida verá a súa posición preeminente ameazada ante a chegada dunha nova empregada. Sebastián Silva ofrécenos co seu segundo filme unha dramedia de conflitos xeracionais e, por suposto, de clase, porque a ninguén lle gusta ceder privilexios, sobre todo, cando es a que menos ten.
LA NANA (2009). Proxección: MÉRCORES 22 de febreiro, 21h00
Acompáñasnos nesta viaxe?
A moza e a araña (colección Filmoteca de Galicia)
Salón García
Rúa do Alcalde Rey Daviña, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra
Opening Night
Salón García
Rúa do Alcalde Rey Daviña, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra