Este mes de novembro o Cineclube Ádega ten 3 proxeccións programadas, para os mércores 2 e 16, e para o venres 25, todas elas no Salón García en horario de 21 horas e en versión orixinal subtitulada.

cartel-programacion-novembro-16

O mércores día 2 proxectaremos «La Haine» (O Odio), cinta francesa de 1995 dirixida por Mathieu Kassovitz, un clásico contemporáneo considerado xa como «película de culto».

A película que será proxectada o mércores día 16 será a belga «Le tout nouveau testament» (o novo Novo Testamento), de Jaco Van Formael, unha surrealista relectura no Novo testamento en clave de humor.«Que pasaría se Deus existise e vivise en Bruxelas? 

Finalmente, o venres día 25, en colaboración coa asociación O Soño de Lilith, e con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, proxectarase «Rosseta», dos irmáns Dardenne (Francia-Bélxica,1999)

*A entrada para Rosseta é de balde para todo o mundo, mentres que para as outras dous é entrada libre para socios e de 4 euros para o resto.