Mes: noviembre 2018

Programación Especial

Con motivo do Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller o mércores día 28 proxectamos o filme “Migas de pan” e temos a sorte de poder contar coa súa Directora, Manane Rodríguez, para que nos presente esta cinta.

O filme protagonizado por Cecilia Roth e Justina Bustos foi seleccionado por Uruguai para competir polo Óscar 2017 á mellor película de fala non inglesa.

A cineasta de orixe Uruguaia, logo de cultivar este importante éxito de ser candidata por Uruguai aos Premios Óscar, dirixirá a série “Academia de mulleres“, un proxecto para televisión que nace en Galicia e cun equipo formado integramente por mulleres.

Logo poderemos charlar e debatir con ela e tamén coa comunicadora e periodista Alba Tomé de O Soño de Lilith, sobre o filme e sobre o tema que se fai referencia.

En colaboración coa Concellería da Muller do Concello de Vilagarcía e a Asociación O soño de Lilith.

Entrada de balde ata completar aforo.

Pincho e corto

Neste mes de Novembro celebramos outra edición de “PINCHO E CORTO”, cunha coidada selección de curtametraxes maridada con fabulosos pinchos. As curtas proxectaranse en catro bloques, con descansos de 5-10 minutos entre cada bloque.

Na primeira planta do Churruca Gastrotaberna o Xoves 22.

A entrada é de balde, só debes pagar o que bebas!

Programación Novembro

Para este mércores 14  traemos un filme que todavía non se estrenou en salas en España. “Les garçons sauvages” do director e artista experimental Bertrand Mandico, coñecido polo seu carácter provocador. Proponnos no sua primeira longa unha viaxe experimental polos límites dos roles de xénero, ambientado nun territorio secreto e marabilloso.

 

 

O día 28 “Migas de Pan” programación especial en conmemoración do Día internacional da eliminación da violencia contra a muller. En colaboración con a Concellería da Muller e O soño de Lilith.

Haberá una charla/debate logo da proxección coa Directora do filme, Manane Rodríguez e unha representante de O Soño de Lilith.

 

© 2018 Cine Clube Ádega & Web desarrollada por Prixma. &Aviso Legal - Política de Cookies

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies