Comezamos a clásica Semana de Cine, que terá lugar entre o 29 de xullo e o 3 de agosto.

A actividade de arranque de este domingo día 29 con”As nove na praia” e na Praia da Concha tivo que ser suspendida pola metereoloxía adversa. Estamos xestionando para poder facela noutra data.

 

Nesta edición haberá tamén dúas charlas-coloquio. A primeira delas terá lugar o luns 30 no Salón García, coa presenza de Moncho Lemos e Álvaro Gago, que falarán sobre “O novo espectador no audiovisual contemporáneo”. Aproveitando a presenza de Gago, a continuación (21 h) proxectarase a súa curta “Matria”, premiada, entre outros, no Festival de Sundance. O martes 31, no mesmo espazo, Xaquín Chaves, Manuel Busto e Mario Iglesias falarán sobre “A relación entre o cinema e a pintura”. Mércores, xoves e venres, no Auditorio Municipal, David Hernández impartirá o obradoiro “Iniciación práctica á iluminación no cinema”, que necesitará inscripción previa.

De luns a xoves, no Salón García, ás 21.30 horas proxectaranse os filmes “Felicité”, “Muchos hijos, un mono y un castillo”, “Kimi no Na wa” (O teu nome) e “120 battements par minute” (120 pulsacións por minuto).

 

O venres día 3 de agosto, por volta das 22:30 h na Praza do Castro, pecharemos a Semana de Cine coa proxección do film de Buster Keaton “Sherlock Jr.” (O moderno Sherlock Holmes), que contará coa música en directo da Banda de Vilagarcía.

* As proxeccións do Salón García terán un prezo de 4 eur/día (abono 4 días 10 euros), e os nosos socios pasarán de balde. O obradoiro de iluminación terá un prezo de 10 euros, e de balde para os socios de Ádega.