Mes: febrero 2019

Programación Marzo

Este mes de marzo comezamos os actos do Día Internacional da Muller coa proxeción de Trote, o filme de Xacio Baño con María Vázquez. Contaremos coa presenza do director e a actriz nun debate logo da proxeción

Neste acto contamos coa colaboración coa Concellería de benestar social e igualdade do Concello de Vilagarcía e coa asociación O soño de Lilith e a entrada é de balde.

E o próximo día 20 o clásico que a todo o que lle guste o cinema ten que haber visto, «O salario do medo». Gañadora do Oso de Ouro en Berlín e a Palma de Ouro en Cannes.

Programación Febreiro

Poucos títulos do cinema español han xerado un culto tan extenso como ‘Amence, que no es poco‘ (1989). A película de José Luis Cuerda entrou no imaxinario de toda unha xeración de espectadores que conectaron co seu costumismo absurdo no que o popular, o rural e o culto abrázanse e mesturan con promiscuidade e convencemento, e aínda hoxe recitan de memoria os seus diálogos máis memorables ou percorren as localizacións albaceteñas onde se rodou.

Este mes queremos facer unha homenaxe ao cineasta manchego con motivo da estrea de «Tiempo despues» no que deixa constancia do recoñecemento que esta xeración crecida nos noventa levou a cabo do seu particular sentido do humor.

O mércores 20, «El insulto«, unha excelente película, cun tema de fondo que se pode situar en calquera sociedade e en calquera territorio do mundo.

Delicada e minimalista desde un desafortunado insulto, trata temas como relixión, política, convivencia, abdicativa a todas as miserias que arrastramos pola intolerancia nun contexto da crise entre o Líbano e Israel.

Nomeada ao Óscar a Mellor Película Estranxeira e Premio ao Mellor Actor en Venecia, e unhas interpretacións impecables.



© 2019 Cine Clube Ádega & Web desarrollada por Prixma. &Aviso Legal - Política de Cookies

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies