Neste mes de maio vimos cargados con catro filmes
O primeiro deles será o filme da década dos 2000 elexido polos socios dentro das proxeccións históricas do cineclube e os outros tres formarán parte dun ciclo de cine galego.
As proxeccións viran repartidas entre mércores e venres.
Este mércores 6 será a quenda da película danesa do 2002 “Te quiero para siempre” (Elsker dig for evigt) de Susanne Bier, un dos mellores filmes desta excelente directora e unha das obras máis representativas do movemento Dogma, coa que déronse a coñecer internacionalmente o carismático e prolífico actor Mads Mikkelsen e a propia Susanne Bier.O filme aborda a complexidade das relacións humanas, onde teñen cabida o amor, o dolor, a lealtade e un sinfín de emocións e decisións que non teñen resposta nin solución sinxela. Sen dúbida, trátase dun filme intenso onde os seus protagonistas viven e actúan a corazón aberto, como ben indica o seu título en inglés (Open hearts). O pase será de balde para os socios/as, un prezo reducido de 2,5€ para estudiantes e desempregados e 4e para o resto do público.
O venres 15 proxectaremos a gran triunfadora do cine galego deste último ano, o filme de Ángeles Huerta con guión de Pepe Coira “Antes de Nós” que acadou trece premios Mestres Mateo. Esta será unha proxección en colaboración coa concellería de cultura e coa Filmoteca de Galicia, polo que o pase será de balde para todo o mundo ata completar aforo.
O seguinte alto no camiño será o mércores 20 coa mediometraxe documental “Altas luces” (2026), dirixido por Pilar Abades, Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva, explora a relación entre a fotografía, a mirada e o xénero, afondando na construción da representación do corpo feminino ao longo da historia. Esta será unha nova colaboración do cineclube con Festivala. O pase e coloquio posterior de balde para todo o mundo.
E remataremos este ciclo de cinema galego o venres 29 co filme de 2024, escrito e dirixido por Alejandro Enríquez “Rapa, xente ao monte” un documental sobre a ameaza a que se enfrenta o cabalo galego de monte. O pase será de balde para os socios/as e terá un coste reducido de 2,5€ para o resto do público por tratarse dun filme en colaboración coa Filmoteca de Galicia.