Mes: abril 2026

Queres estar a última das actividades do 50 aniversario?

Apúntate a nova canle de WhatsApp.

Queremos que non vos perdades nada das actividades que estamos realizando con motivo do 50 aniversaro do Cineclube Ádega por iso vos iremos informando de todo o que se coce.

É moi sinxelo accede dende este enlace Canle Cineclube Ádega ou escanea o código QR.

Programación Abril

Durante o mes de abril, por problemas de dispoñibilidade do Salón García, retomaremos as sesións en mércores. E como no pasado mes de marzo, vimos con tres propostas moi diferentes.


Comezaremos o día 8 coa nova película de Jim Jarmusch, “Father Mother Sister Brother” (2025), que tras seis anos de silencio voltou pola porta grande levándose o León de Ouro no último Festival de Venecia. Con esta obra Jarmusch volve a propoñernos un novo filme por episodios, como xa fixera entre fináis dos oitenta e principios dos noventa con obras coma Mystery Train, Noite na tierra ou as coleccións de curtas Coffee and cigarettes. Neste filme tamén volve a contar con Adam Driver e recupera a Tom Waits, ademáis de actrices tan consagradas como Cate Blanchett e Charlotte Rampling. Jarmusch encargouse da dirección, guion e banda sonora.  A película está dividida en tres episodios ao redor dun mesmo feito: o reencontro dos membros dunha familia.  

A seguinte proposta chegará o mércores 15. “Ju Dou Semilla de crisantemo” (1990). Forma parte dos actos do 50º Aniversario, xa que resultou a gañadora entre as películas dos 90 que xa foran proxectadas noutras etapas do cineclube. Filme, por certo, moi ben escollido xa que trátase dunha das mellores obras do gran director chinés Zhang Yimou. Protagonizada pola que fora a súa esposa e musa Gong Li, trátase dun melodrama ambientado na China rural dos anos vinte do pasado século.


E remataremos o mes o mércores 22 co novo documental de José Luis Guerín “Historias del buen valle” (2025), gañador do Premio especial do Xurado no Festival de San Sebastián. Trátase dunha ollada hunanista sobre Valbona, un barrio do extrarradio barcelonés, que serve de ponte entre o mundo urbano e o rural, onde conviven os primeiros emigrantes cos recén chegados, facendo de Valbona unha auténtica aldea global. 

© 2026 Cine Clube Ádega & Web desarrollada por Prixma. &Aviso Legal - Política de Privacidad - Política de Cookies

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies