Despois da existosa edición da Semana de Cine 2017 e dun pequeno descanso estival, neste mes de setembro volve a programación regular do Cineclube Ádega. A selección deste mes está composta por «Tarde para la ira», o celebrado debut de Raúl Arévalo como director, e «Tengoku to Jigoku» (O inferno do odio), unha obra mestra de Akira Kurosawa.

A primeira proxección terá lugar este mesmo mércores día 13, no Salón García da Casa da Cultura de Vilagarcía no horario habitual de 21:00 h, sendo a cinta protagonista «Tarde para la ira». Gañadora de 4 premios na última edición dos Goya (Mellor Película, Mellor Dirección Novel, Mellor Guión Orixinal e Mellor Actor de Reparto), a estrea de Raúl Arévalo na dirección é un thriller de vinganza, hiperrealista e áspero, se ben o realizador califícaa como «un drama con toques de thriller»

«Madrid, agosto de 2007. Curro entra na cadea tras ter participado no atraco a unha xoiería. Él era o conductor, e o único detido polo roubo. Oito anos despois sae do cárcere con gana de comezar unha nova vida coa súa moza e o seu fillo, mais atoparase cunha situación inesperada e a un descoñecido, José.

 
setembro2017
 
 A seguinte cita será o mércores 27, no mesmo lugar e hora, coa proxección de Tengoku to Jigoku (O inferno do odio), un clásico do cinema xaponés dirixido por Akira Kurosawa en 1963. Trátase dun fascinante thriller de detectives dirixido coa precisión e mestría habitual do xenio nipón, no que as pesquisas policiais acompáñanse de apuntes morais sobre a ética, o traballo ou as clases sociais.
 
 
«Nun momento crucial da súa vida financeira, un directivo dunha importante empresa de calzado recibe a nova de que o seu fillo foi secuestrado. O rescate exixido é unha importante cantidade de diñeiro que o protagonista necesita para pechar unha negociación que lle daría o control da empresa» 
 
 A entrada para as proxeccións é de balde para os socios e de 4 euros para o público xeral.