Categoría: 2018 (Página 1 de 2)

CAMBIO DE DATA! “As aventuras do principe Achmed”

ATENCIÓN A NAVEGANTES!

Temos que cambiar de data do día 20 ao martes 26 de xuño por problemas dun dos músicos principais pero que si estará o martes 26.

Disculpade por este percance!

Curta “Feminazi” + coloquio coa directora Diana López

Dentro das actividades de “Festivala: mulleres creando”, este mércores día 13, ás 21 horas no Salón García, proxectaremos a curta “Feminazi“.

A continuación, coloquio coa presenza da periodista, guionista e agora directora Diana López Varela, que acaba de estrear a súa primeira curtametraxe, onde resume o suposto medo que teñen os homes ao feminismo. Basándose no humor negro e a ironía con toques de mala leite. 

Entrada de balde

“Non é que me faga a máis mínima gracia o machismo, é que a comedia sempre ten algo de verdade e de dor, e é neste xénero onde consigo facer a miña propia catarsis”, explicaba a directora.

 

 

Programación Xuño

Este mes de Xuño ben cargado de programación especial!

O mércores 6 con motivo do día Internacional do Medio Ambiente temos o documental “A Ameaza do Cobre” sobre a polémica Mina de Touro – O Pino.

Nos acompañarán para darnos luz sobre este tema Xoaquín Rubido (Presidente da Plataforma en defensa da Ría de Arousa) e Isabel García (Plataforma Veciñal Touro – O Pino)

Logo temos un Ciclo Cine e Música, que comeza o Sábado 16 na Rúa Mendez Núñez co Super Cine Swing 2018, en colaboración cos locais da asociación Varietés. O evento, aberto a tódolos publicos, ten Clases de Baile, Concertos, Cine e moitas risas e bailes.

E como colofón final… o mércores 20 e para celebrar a Festa da Música poderemos disfrutar do clásico da animación “As aventuras do Príncipe Achmed“, con música en directo por parte do Trío Caspervek, aclamados polas súas músicas para pelis, uns verdadeiros cracks neste traballo.

Disfrutade moito!

Trailer Maio

Programación Maio

Xa temos a programación de Maio:

Este Maio ven cargadiño con 3 pelis, a primeira é unha lenda do cine, elexida no 1999 como a mellor aportación británica a historia do cine. Con un guión inmellorable e unha música fascinante.

O día 16 con motivo do Día das Letras Galegas proxectaremos “A palabra xusta“, que conta a historia de Antía Cal, unha mestra comprometida que fundóu en Vigo o Colexio Rosalía de Castro, que foi un faro revolucionario para a nova pedagoxía. En colaboración co Servizo de Normalización Linguística e a Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía. Entrada libre ata completar aforo.

Contaremos coa presencia de Carme Varela, produtora do film, e Emilio Insua, educador e escritor.

O día 30 de maio con “O congreso” viaxaremos por unha fascinante fábula distópica de gran creatividade visual, outra maravilla da cada vez mais común “animación para adultos”.

 

Programación Abril

Vos adiantamos a programación para o vindeiro mes de Abril.

O mércores 4 proxectaremos “La sal de la tierra” proposta por un dos nosos socios que nos contará por qué lle fascina este filme, pero ademais aproveitamos a ocasión para invitar ao experimentado fotoperiodista nacido en Brasil, José Luiz Oubiña, que nos contará anécdotas do talentoso fotógrafo Sebastião Salgado, moi comprometido co fotoperiodismo e a realidade social.

 

Página 1 de 2

© 2018 Cine Clube Ádega & Web desarrollada por Prixma. &Aviso Legal - Política de Cookies

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies