Este mes de Xuño ben cargado de programación especial!

O mércores 6 con motivo do día Internacional do Medio Ambiente temos o documental “A Ameaza do Cobre” sobre a polémica Mina de Touro – O Pino.

Nos acompañarán para darnos luz sobre este tema Xoaquín Rubido (Presidente da Plataforma en defensa da Ría de Arousa) e Isabel García (Plataforma Veciñal Touro – O Pino)

Logo temos un Ciclo Cine e Música, que comeza o Sábado 16 na Rúa Mendez Núñez co Super Cine Swing 2018, en colaboración cos locais da asociación Varietés. O evento, aberto a tódolos publicos, ten Clases de Baile, Concertos, Cine e moitas risas e bailes.

E como colofón final… o mércores 20 e para celebrar a Festa da Música poderemos disfrutar do clásico da animación “As aventuras do Príncipe Achmed“, con música en directo por parte do Trío Caspervek, aclamados polas súas músicas para pelis, uns verdadeiros cracks neste traballo.

Disfrutade moito!