Programación especial polo día do orgullo LGTBI, en colaboración ca Concellería de Igualdade e O Soño de Lilith.

21:00h. O filme “Una mujer fantástica”que trata o tema transxénero. Gañadora de múltiples dos mais prestixiosos premios incluido o Oscar á mellor película de fala non inglesa e o mellor guión no festival de Berlín.

22:45h. Charla-coloquio coas invitadas Paris Lakryma e Mónica Rodríguez.

Paris Lakryma e unha activista e artista nada en Cantabria no ano 87. Nos últimos anos dedicouse á visibilización e á loita dos dereitos das persoas LGBTI, tanto a nivel asociacional como persoal, usando as súas propias experiencias como persoa trans en ambientes como o militar, o musical ou o teatral.

Mónica Rodriguez Outeda, Pontevedra. Ama de casa e mamá dunha nena trans de 8 anos (benjamina de ARELAS). Secretaria de ARELAS desde 2017. Acompañante e asesora de familias de menores trans en Galicia. Coorganizadora de varios orgullos LGTBI e actividades de visibilización e sensibilización trans.

O próximo mércores día 11 no Salón García (21 horas)