Xa temos a programación de Maio:

Este Maio ven cargadiño con 3 pelis, a primeira é unha lenda do cine, elexida no 1999 como a mellor aportación británica a historia do cine. Con un guión inmellorable e unha música fascinante.

O día 16 con motivo do Día das Letras Galegas proxectaremos “A palabra xusta“, que conta a historia de Antía Cal, unha mestra comprometida que fundóu en Vigo o Colexio Rosalía de Castro, que foi un faro revolucionario para a nova pedagoxía. En colaboración co Servizo de Normalización Linguística e a Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía. Entrada libre ata completar aforo.

Contaremos coa presencia de Carme Varela, produtora do film, e Emilio Insua, educador e escritor.

O día 30 de maio con “O congreso” viaxaremos por unha fascinante fábula distópica de gran creatividade visual, outra maravilla da cada vez mais común “animación para adultos”.