Categoría: Semana de Cine (Página 1 de 4)
Ven a pasar unha noite divertida con sorpresas, baile e cine.
Disfrutaremos dunha noite neste espazo natural a luz das estrelas.
#SdC25
Trailer
Abre a programación da ‘Semana de Cine’ no Salón García o popular filme de Oliver Laxe, ‘Sirat. Trance en el desierto’, con dous pases programados para o luns día 4 ás 20:00 horas e ás 22:30 horas e rematará o sábado cunha cita especial no Castriño
‘Sirat’ conta a historia dun pai e o seu fillo, que chegan a unha ‘rave’ perdida en Marrocos para buscar a Mar, a súa filla e irmá, desaparecida hai meses nunha desas festas sen amencer. O filme gañou o Premio do Xurado no certame fracés, un dos máis importantes, así como o recoñecemento á súa banda sonora que “acompaña adecuadamente os paisaxes áridos e silencios deste viaxe interior”, segundo explicaron dende o propio festival.
O martes ás 12:00 horas impartirase unha Masterclass de Dirección de Arte por Marta Villar. Xa pola tarde, ás 21:30 horas, proxectarase ‘A rapaza da agulla’ (2024). A película presenta a historia de Karoline, unha moza embarazada e desempregada que loita por sobrevivir na Copenhague posterior á Primeira Guerra Mundial.
O mércores ás 21:30 horas o filme-concerto a cargo de Chus Pazos Trío, que interpretará en directo a banda sonora das películas ‘Seven Chances’ e ‘One Week’, dous clásicos do cine mude do director Buston Keaton.

Ao día seguinte, ás 21:30 horas, proxectarase ‘Xorda’ (2025), unha película que nos conta a historia de Ángela, unha muller xorda que vai ter un bebé con Héctor, a súa parella oínte. O embarazo fai aflorar os seus medos fronte á maternidade e sobre como poderá comunicarse coa súa filla.
Na xornada do venres, ás 19:00 horas, de balde e con inscrición previa na web de Cine Club Ádega, os usuarios poderán facer unha viaxe inmersiva aos fondos rochosos do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Máis tarde, ás 21:30, os cativos serán os protagonistas con ‘Nausicaä do Val do Vento’, sobre un mundo postapocalíptico onde os humanos foron diezmados e os poucos que quedan sobreviven a duras penas en asentamentos illados.
Finalmente, o sábado 9, cita especial no parque Valdés Bermejo (O Castriño), cunha noite de cinema e picnic ao aire libre, a partir das 21:00 horas. Nesta ocasión, proxectarase un filme sorpresa de Bollywood, con entrada de balde. Animamos aos asistentes a ir caracterizados ao espectáculo, ven sexa cunha túnica, cun punto vermello pintado na fronte ou outros elementos típicos desta cultura.
Este agosto volve a nosa cita anual co cinematógrafo para grandes e pequenas, para as de aquí e as de fóra, con novidades abraiantes, blockbusters e clasicazos para todos os gustos…
E, por suposto, música en directo, convidadas especiais, obradoiros… e outras sorpresas por descubrir, nunha semana que nos levará do cine ao ar libre na praia, ao cine ao ar libre no parque do Castriño, picnic incluído, para gozar do cine en todos os seus formatos e posibilidades!
Só na SEMANA DE CINE 2024 | do 4 ao 10 de agosto.
Intrigada?
Toda a PROGRAMACIÓN aquí abaixo:

E ademais, xa podes ir reservando as túas entradas. Coma sempre, as socias teñen acceso de balde, e poderán traer tamén ás fillas e fillos de balde, para gozar do cinema en familia!
Recorda que tamén están á túa disposición ABONOS para toda a semana! Podes adquirilos durante toda a semana no Salón García, a partir das 20h.
Este AGOSTO, tes unha cita coa gran pantalla 😉
