É decembro e se achega o Nadal o mércores 12 con “The party

A directora Sally Potter manexa o sentido do ritmo de maneira impecable, acompañado do expresivo uso da luz, nesa tarde amable que devén noite tráxica.

As reflexións sobre liberalismo, capitalismo, burguesía e postfeminismo crúzanse con esas revelacións persoais, íntimas entre as parellas, temas moi complexos e contraditorios subxacen no guión dunha comedia que parecía liviá.

E o xoves 27 temos a presentación dun libro tributo que celebra a desbordante creatividade dun dos directores de cinema máis orixinais das últimas décadas.

A través das inconfundibles ilustracións de Nuria Díaz, repasamos a vida de Wes Anderson, así como os temas, personaxes e escenarios que conforman o universo visual dun cineasta de culto.