GALERÍA
Publicado El 30/12/2016
Publicado El 23/12/2016
O Cineclube Ádega organiza o próximo 28 de decembro na Sala de conferencias do Auditorio un obradoiro de holografía para nenos a partir de 10 anos (idade máxima recomendada 14 anos), impartido por Xurxo Guitián. A duración é aproximadamente de 4 horas, entre as 10:00 e as 14:30, cun descanso.
A proposta consiste en xogar cos efectos holográficos dunha maneira sinxela e asequible para todos. Nun pequeno obradoiro amosaremos como é posible convertir o móbil nun proxector holográfico e ensinaremos aos asistentes a crear as súas propias holografías.
Os asistentes deberán levar texouras e regla, alén dunha tablet ou smartphone e un ordenador portátil. Grabarase un pequeño vídeo de cada un dos asistentes para poñer en práctica o aprendido e facer cada un a súa propia holografía, polo que é conveniente que non leven roupa negra nin verde. O prezo da inscripción é de 5 euros.
Para inscribirte so tes que cubrir este formulario:
RELLENAR FORMULARIO
XURXO GUITIÁN Desenvolveu case toda a súa carreira profesional no departamento de publicidade de La Voz de Galicia. Aló ten deseñado automatismos para a integración da publicidade no sistema editorial. Encargouse do deseño, edición e xestión de publicidade para soportes dixitais (internet, televisión) e en papel. En 2013 funda a empresa CETA Systems dedicada á xestión de dispositivos de Digital Signage avanzados que permiten controlar en remoto redes de cartelería dixital baseadas en reproductores Android cun sistema de control multiplataforma en JAVA. Para darlle maior alcance á cartelería dixital orientada á publicidade desenvolve sistemas de proxección holográfica para instalacións efémeras.
Publicado El 01/12/2016
En 2016, Novas, Programación
Este mes con motivo da celebración do Día dos dereitos Humanos ó Venres 9 proxectaremos o filme documental “O viaxe de Carla” en colaboración con O soño de Lilith.
Logo da proxeción haberá unha charla/foro aberta a participación dos asistentes na que contaremos coa presenza da protagonista Carla Antonelli, activista en defensa dos dereitos LGTB.
A entrada é de balde.
A seguinte proxeción é a película escollida para pechar os actos de celebración dos 40 anos do Cine Clube Ádega, o filme “Network” de 1976, ano de creación do Cine Clube Ádega.
Prezos: Socios Anuais: de balde; Socios por 1 día/sesión: 4€
Publicado El 08/11/2016
En 2016, Novas, Programación
Este mes de novembro o Cineclube Ádega ten 3 proxeccións programadas, para os mércores 2 e 16, e para o venres 25, todas elas no Salón García en horario de 21 horas e en versión orixinal subtitulada.
O mércores día 2 proxectaremos “La Haine” (O Odio), cinta francesa de 1995 dirixida por Mathieu Kassovitz, un clásico contemporáneo considerado xa como “película de culto”.
A película que será proxectada o mércores día 16 será a belga “Le tout nouveau testament” (o novo Novo Testamento), de Jaco Van Formael, unha surrealista relectura no Novo testamento en clave de humor.“Que pasaría se Deus existise e vivise en Bruxelas?
Finalmente, o venres día 25, en colaboración coa asociación O Soño de Lilith, e con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, proxectarase “Rosseta”, dos irmáns Dardenne (Francia-Bélxica,1999)
*A entrada para Rosseta é de balde para todo o mundo, mentres que para as outras dous é entrada libre para socios e de 4 euros para o resto.
Publicado El 01/10/2016
En 2016, Novas, Programación
Publicado El 05/09/2016
En 2016, Novas, Programación
Salón García, Rúa do Alcalde Rey Daviña, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra
Salón García, Rúa do Alcalde Rey Daviña, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra
Revisa aquí o protocolo Covid19
Ayúdanos a seguir creciendo y mejorando.
© 2024 Cine Clube Ádega & Web desarrollada por Prixma. &Aviso Legal - Política de Privacidad - Política de Cookies
Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.
ACEPTAR