Sesión doble con Banda Sonora en Directo interpretada pola Banda FUZZO 

A formación reúne a tres estrelas da escena do jazz galego: Virxilio da Silva na guitarra, Xan Campos nos teclados e Chus Pazos na batería. 

Defínense a si mesmos como unha banda de improvisación libre acumulativa, e fan dos seus concertos unha verdadeira experiencia de salvaxe éxtase creativa.   

De todo o que fan estes tres músicos, pódese dicir que son especialmente habilidosos na deconstrución de ideas musicais, e que se teñen aventurado nunha estética máis próxima ao rock, sen abandonar a improvisación como canle fundamental de expresión musical. Na súa música pódese escoitar dende psicoddelia, blues, krautrock, prog e free jazz; até noise, música eléctrónica e afro beat       

Fuzzo

FILMES

Un perro andaluz

Un chien Andalou

Filme surrealista, todo un clásico do cinema de arte e ensaio, unha obra única e de culto, froito da poderosa imaxinación de dúas novas mentes – Buñuel tiña 29 anos e Dalí 25 – posuidoras dun talento tan singular como xenial.

Segundo declaracións do propio Luís Buñuel, “Un can andaluz foi un filme  antivanguardista, nada tiña que ver coa vangarda cinematográfica de entón. Nin no fondo nin na forma (…) tamén se ía a chamar “É perigoso asomarse ao interior” e “O marista na  ballesta”. Escribimos o guión seguindo unha regra moi simple: non aceptar idea nin imaxe que puidese dar lugar a unha explicación racional, psicolóxica ou cultural (…) houbo 40  ó 50 denuncias na comisaría de policía de persoas que afirmaban que había que prohibir a película por obscena e cruel. Entón comezou unha longa serie de insultos e ameazas que me perseguiu ata a vellez (…) Adoro os soños, aínda que os meus soños sexan pesadelos e iso son as máis das veces. Están sementados de obstáculos que coñezo e recoñezo.

Ménilmontant

Ménilmontant

Mostra a terrible vida de dúas irmás orfas no París dos anos 20. Considerado como un dos filmes precursores do “realismo poético” francés e do neorrealismo italiano, prescinde dos diálogos e narra toda a historia mediante imaxes e sen recorrer ao uso de intertítulos explicativos.

 

Etiquetas: ,

Fecha

07 Ago 2021
Finalizdo!

Hora

21:30

Hora local

  • Zona horaria: America/New_York
  • Fecha: 07 Ago 2021
  • Hora: 15:30

Localización

Salón García
Rúa do Alcalde Rey Daviña, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra
Categoría

Los comentarios están cerrados.

© 2021 Cine Clube Ádega & Web desarrollada por Prixma. &Aviso Legal - Política de Privacidad - Política de Cookies

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies