
O MAR EN 360º Pase 19:45
MERGULLA SEN TE MOLLAR
“Experimentar o mergullo nos fondos galegos sen nos mollar é posible grazas ao emprego das novas tecnoloxías. Coas experiencias inmersivas buscamos dar a oportunidade de percorrer o mundo submarino de Galicia a través de imaxes en 360º visualizadas nunhas lentes de realidade virtual.
Disporemos de tres lentes de realidade virtual para realizar as quendas de 3 en 3 persoas.
As experiencias teñen unha duración aproximada de 5 minutos por persoa e estarán interpretadas en tempo real polas educadoras de 13 Grados.
Unha viaxe inmersiva que nos levará dende os fondos rochosos do Parque Nacional aos bosques de algas xigantes, e onde poder descubrir como son baixo a auga as bateas ou que se sinte estando cara a cara cun polbo.”
Poderán pasar un máximo de 50 persoas polas lentes.
Los comentarios están cerrados.