
MASTERCLASS Dirección de Arte
O vindeiro martes 5 de agosto ás 12:00 horas, a directora de arte viguesa Marta Villar impartirá dentro da Semana de Cine unha Masterclass, con entrada libre, na que nos ensinará as claves do seu traballo como directora de arte e fará unha viaxe con exemplos dos seus recoñecidos traballos profesionais, achegándonos ao mesmo tempo ao coñecemento da práctica profesional, tanto no cine como no teatro ou na televisión.
Premios e recoñecementos:
Premio Mestre Mateo, entregado en 2014, á mellor dirección de arte, por Salgadura.
No ano 2017 o premio de honra Fernando Rey por decisión da Academia Galega do Audiovisual (AGA), no transcurso da gala dos Premios Mestre Mateo, polos moitos anos de traballo e a impecable traxectoria profesional como parte substancial do audiovisual galego.
Los comentarios están cerrados.