Iniciamos o novo curso cun ciclo de “Cine e educación”. Serán tres filmes moi diversos, de diferentes países, épocas e perpectivas:
O primeiro deles será “Sala de profesores” (Das Lehrerzimmer), filme de nacionalidade alemana coescrito e dirixido por Ilker Çatak en 2023, o cal foi nomeado aos Oscar dese ano como mellor filme extranxeiro. Ambientado nunha escola de educación secundaria, o filme segue os pasos de Carla Nowak (excelentemente interpretada por Leonie Benesch), unha mestra de matemáticas e deportes que xusto comeza o seu traballo nesa escola cando prodúcense unha serie de roubos alí, polo que terá que enfrentarse as implacables estructuras do sistema escolar. A proxección será mañán, venres 12, ás 20:30 no Salón García.
O segundo filme do ciclo proxectarémolo o venres 19, e será un gran clásico de Arthur Penn, “El milagro de Anna Sullivan” (The miracle worker), filme biográfico sobre a instructora de Hellen Kerer, a primeira muller sordocega en acadar unha licenciatura, e o desafío que supuxo a súa aprendizaxe na súa infancia. Anne Bancroft e Patty Duke repiten os seus papeis de Broadway e volven estar excelentes, de feito gañaron sendos Oscars ese ano pola súas interpretacións. Penn foi un dos directores máis singulares e con máis talento da chamada “xeración da televisión”. El milagro de Anna Sullivan foi o seu segundo gran éxito tras “El zurdo”. Despois dirixiría as excelentes Bonnie and Clyde e La jauría humana, entre outras.
E remataremos o xoves 25 tamén ás 20:30 no Salón García coa película belga de 2023 “Amal”, escrita e dirixida por Jawad Rhalib. Trátase dun dos filmes máis valientes e con mellores críticas do 2023, e cóntanos a historia dunha mestra francesa nun instituto de Bruxelas que trata de inculcar aos seus alunos a paixón pola lectura, a tolerancia e a liberdade de expresión. Ideas que molestan a algúns alunos e compañeiros vinculados ao extremismo islámico.