MERGULLA SEN TE MOLLAR

Experimentar o mergullo nos fondos galegos sen nos mollar é posible grazas ao emprego das novas tecnoloxías. Coas experiencias inmersivas buscamos dar a oportunidade de percorrer o mundo submarino de Galicia a través de imaxes en 360º visualizadas nunhas lentes de realidade virtual.

Disporemos de tres lentes de realidade virtual para realizar as quendas de 3 en 3 persoas.

As experiencias teñen unha duración aproximada de 5 minutos por persoa e estarán interpretadas en tempo real polas educadoras de 13 Grados.

Unha viaxe inmersiva que nos levará dende os fondos rochosos do Parque Nacional aos bosques de algas xigantes, e onde poder descubrir como son baixo a auga as bateas ou que se sinte estando cara a cara cun polbo.”

Poderán pasar un máximo de 50 persoas polas lentes.

Reserva a túa praza e horario!!