Comezaremos este venres 6 cunha escolma de curtametraxes en femenino, o que supón unha nova colaboración co CIM Vilagarcía. Proxectaremos as 5 curtas gañadoras da última edición do certamen “Cortos en femenino”. A entrada será de balde para todo o mundo ata completar aforo.
O venres 13 será a quenda do filme que representará a década dos 80 na historia do cineclube, “Lenny” dirixida por Bob Fosse e interpretada maxistralmente por Dustin Hoffman. Lenny é o filme co seu director fixo entre os espléndidos musicais Cabaret e All that Jazz, polo que trátase dun filme feito nos anos 70 pero proxectado no cinecluble na década dos 80. Estivo nomeada a 6 Oscars incluidos mellor película, director, actor e actriz principais.
Remataremos o mes o venres 27 co comezo dunha nova etapa colaborativa coa Filmoteca de Galicia. E para comezar a primavera cun sorriso proxectaremos a comedia francesa de 2024 “Tres amigas”, dirixida por Emmanuel Mouret.