Abre a programación da ‘Semana de Cine’ no Salón García o popular filme de Oliver Laxe, ‘Sirat. Trance en el desierto’, con dous pases programados para o luns día 4 ás 20:00 horas e ás 22:30 horas e rematará o sábado cunha cita especial no Castriño
‘Sirat’ conta a historia dun pai e o seu fillo, que chegan a unha ‘rave’ perdida en Marrocos para buscar a Mar, a súa filla e irmá, desaparecida hai meses nunha desas festas sen amencer. O filme gañou o Premio do Xurado no certame fracés, un dos máis importantes, así como o recoñecemento á súa banda sonora que “acompaña adecuadamente os paisaxes áridos e silencios deste viaxe interior”, segundo explicaron dende o propio festival.
O martes ás 12:00 horas impartirase unha Masterclass de Dirección de Arte por Marta Villar. Xa pola tarde, ás 21:30 horas, proxectarase ‘A rapaza da agulla’ (2024). A película presenta a historia de Karoline, unha moza embarazada e desempregada que loita por sobrevivir na Copenhague posterior á Primeira Guerra Mundial.
O mércores ás 21:30 horas o filme-concerto a cargo de Chus Pazos Trío, que interpretará en directo a banda sonora das películas ‘Seven Chances’ e ‘One Week’, dous clásicos do cine mude do director Buston Keaton.

Ao día seguinte, ás 21:30 horas, proxectarase ‘Xorda’ (2025), unha película que nos conta a historia de Ángela, unha muller xorda que vai ter un bebé con Héctor, a súa parella oínte. O embarazo fai aflorar os seus medos fronte á maternidade e sobre como poderá comunicarse coa súa filla.
Na xornada do venres, ás 19:00 horas, de balde e con inscrición previa na web de Cine Club Ádega, os usuarios poderán facer unha viaxe inmersiva aos fondos rochosos do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Máis tarde, ás 21:30, os cativos serán os protagonistas con ‘Nausicaä do Val do Vento’, sobre un mundo postapocalíptico onde os humanos foron diezmados e os poucos que quedan sobreviven a duras penas en asentamentos illados.
Finalmente, o sábado 9, cita especial no parque Valdés Bermejo (O Castriño), cunha noite de cinema e picnic ao aire libre, a partir das 21:00 horas. Nesta ocasión, proxectarase un filme sorpresa de Bollywood, con entrada de balde. Animamos aos asistentes a ir caracterizados ao espectáculo, ven sexa cunha túnica, cun punto vermello pintado na fronte ou outros elementos típicos desta cultura.
Los comentarios están cerrados.