Página 2 de 5

Programación Xaneiro

Neste mes de xaneiro proxectaremos dúas longametraxes, coma sempre en VOSE e con entrada libre para os socios e de 4 euros para o público xeral.

 A primeira delas será este mércores día 18 no Salón García ás 21 horas, sendo a cinta elixida “Carol” (R.Unido, 2015), dirixida por Todd Haynes e protagonizada por Cate Blanchett e Rooney Mara (ambas nominadas, entre outros premios, aos Oscar e BAFTA).

  “New York, anos 50. Unha xoven aspirante a fotógrafa que traballa como dependenta nunha tenda de Manhattan coñece un día a Carol Aird, unha sofisticada e elegante muller atrapada nun matrimonio infeliz.Nace entre elas unha conexión inmediata, cada vez máis intensa e profunda” 

xaneiro

 A seguinte proxección terá lugar o mércores 25 ás 21h, tamén no Salón García. Nesta ocasión a protagonista será “Le Locataire” (O quimérico inquilino), de Roman Polanski (1976).

“Polanski interpreta ao agradable Trelkovsky, o caseiro dun apartamento en París cun sombrío pasado…a anteior inquilina tirouse polo balcón. As súas pertenencias continúan alí, alimentando a obsesión de Trelkovsky pola muller”.

 

Fotos Obradoiro “Xogando coa Holografía”

GALERÍA

web45web1web12web5web2web7web14web13web18web25web10web29

 

Obradoiro “XOGANDO COA HOLOGRAFÍA”

O Cineclube Ádega organiza o próximo 28 de decembro na Sala de conferencias do Auditorio un obradoiro de holografía para nenos a partir de 10 anos (idade máxima recomendada 14 anos), impartido por Xurxo Guitián. A duración é aproximadamente de 4 horas, entre as 10:00 e as 14:30, cun descanso.

obradoiro-xogando-coa-holografia

 A proposta consiste en xogar cos efectos holográficos dunha maneira sinxela e asequible para todos. Nun pequeno obradoiro amosaremos como é posible convertir o móbil nun proxector holográfico e ensinaremos aos asistentes a crear as súas propias holografías. 

Os asistentes deberán levar texouras e regla, alén dunha tablet ou smartphone e un ordenador portátil. Grabarase un pequeño vídeo de cada un dos asistentes para poñer en práctica o aprendido e facer cada un a súa propia holografía, polo que é conveniente que non leven roupa negra nin verde. O prezo da inscripción é de 5 euros.

Para inscribirte so tes que cubrir este formulario:

RELLENAR FORMULARIO

programa-obradoiro-holografia

Impartido por

XURXO GUITIÁN

Desenvolveu case toda a súa carreira profesional no departamento de publicidade de La Voz de Galicia. Aló ten deseñado automatismos para a integración da publicidade no sistema editorial. Encargouse do deseño, edición e xestión de publicidade para soportes dixitais (internet, televisión) e en papel.

En 2013 funda a empresa CETA Systems dedicada á xestión de dispositivos de Digital Signage avanzados que permiten controlar en remoto redes de cartelería dixital baseadas en reproductores Android cun sistema de control multiplataforma en JAVA. Para darlle maior alcance á cartelería dixital orientada á publicidade desenvolve sistemas de proxección holográfica para instalacións efémeras.

Programación Decembro

Este mes con motivo da celebración do Día dos dereitos Humanos ó Venres 9 proxectaremos o filme documental “O viaxe de Carla” en colaboración con O soño de Lilith.

Logo da proxeción haberá unha charla/foro aberta a participación dos asistentes na que contaremos coa presenza da protagonista Carla Antonelli, activista en defensa dos dereitos LGTB.

A entrada é de balde.

Cartel Programacion DECEMBRO 16

A seguinte proxeción é a película escollida para pechar os actos de celebración dos 40 anos do Cine Clube Ádega, o filme “Network” de 1976, ano de creación do Cine Clube Ádega.

Prezos: Socios Anuais: de balde; Socios por 1 día/sesión: 4€

 

Programación Novembro

Este mes de novembro o Cineclube Ádega ten 3 proxeccións programadas, para os mércores 2 e 16, e para o venres 25, todas elas no Salón García en horario de 21 horas e en versión orixinal subtitulada.

cartel-programacion-novembro-16

O mércores día 2 proxectaremos “La Haine” (O Odio), cinta francesa de 1995 dirixida por Mathieu Kassovitz, un clásico contemporáneo considerado xa como “película de culto”.

A película que será proxectada o mércores día 16 será a belga “Le tout nouveau testament” (o novo Novo Testamento), de Jaco Van Formael, unha surrealista relectura no Novo testamento en clave de humor.“Que pasaría se Deus existise e vivise en Bruxelas? 

Finalmente, o venres día 25, en colaboración coa asociación O Soño de Lilith, e con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, proxectarase “Rosseta”, dos irmáns Dardenne (Francia-Bélxica,1999)

*A entrada para Rosseta é de balde para todo o mundo, mentres que para as outras dous é entrada libre para socios e de 4 euros para o resto.

Programación Outubro

cartel-prog-outubro-16

Programación Setembro

Cartel Programacion SETEMBRO 16

Semana de Cine 2016. “40 anos de Cine Clube Ádega”

Chega unha nova edición da Semana de Cine que este ano conmemora os 40 anos de historia de cine do Cine Clube Ádega.

Seguindo a nosa filosofía este ano o cartel é obra do artista Xan Paz.

Cartel Semana de Cine 2016 XAN PAZ_OK

As actividades comezan coa presentación da Semana o Domingo 31 de Xullo coa proxección de balde na Rúa Romero Ortíz de “El Desconocido” coa presenza do montador e director de cine Jorge Coira (Goya pola Montaxe) que nos falará da súa experiencia, ademais contaremos coa actuación de Gonzalo Arca que ten dous temas na banda sonora do filme.

O luns día 1 de Agosto comezan as sesións no Salón García, serán catro intensos días cunha selección de filmes moi coidada e que rematarán ó xoves 4 de agosto.

Os prezos son de 4 euros por sesión para o público xeral e de 2 euros para socios, con posibilidad de mercar o abono para as 4 sesións que será de 12 euros para o público e de 6 euros para os socios.

Cartel semana de cine Programación 2016_OK

Remataremos a semana cunha gran festa de despedida coa proxección do filme “Cabaret” de Bob Fosse e a actuación en directo do espectáculo e escenificación de Cabaret por parte da compañía de Nelson Quinteiro. Será aberto o público e de balde o Venres día 5 de Agosto na Rúa Ramón y Cajal, diante do Parque de Ravella.

 

Programación Xullo

Cartel Programacion Maio A

Programación de Xuño

Cartel Programacion XUÑO 2016

Página 2 de 5

© 2017 Cine Clube Ádega & Web desarrollada por Prixma. &Aviso Legal - Política de Cookies

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR