Autor: prixma (Página 11 de 18)

Programación Marzo

Este mes de marzo comezamos os actos do Día Internacional da Muller coa proxeción de Trote, o filme de Xacio Baño con María Vázquez. Contaremos coa presenza do director e a actriz nun debate logo da proxeción

Neste acto contamos coa colaboración coa Concellería de benestar social e igualdade do Concello de Vilagarcía e coa asociación O soño de Lilith e a entrada é de balde.

E o próximo día 20 o clásico que a todo o que lle guste o cinema ten que haber visto, “O salario do medo”. Gañadora do Oso de Ouro en Berlín e a Palma de Ouro en Cannes.

Programación Febreiro

Poucos títulos do cinema español han xerado un culto tan extenso como ‘Amence, que no es poco‘ (1989). A película de José Luis Cuerda entrou no imaxinario de toda unha xeración de espectadores que conectaron co seu costumismo absurdo no que o popular, o rural e o culto abrázanse e mesturan con promiscuidade e convencemento, e aínda hoxe recitan de memoria os seus diálogos máis memorables ou percorren as localizacións albaceteñas onde se rodou.

Este mes queremos facer unha homenaxe ao cineasta manchego con motivo da estrea de “Tiempo despues” no que deixa constancia do recoñecemento que esta xeración crecida nos noventa levou a cabo do seu particular sentido do humor.

O mércores 20, “El insulto“, unha excelente película, cun tema de fondo que se pode situar en calquera sociedade e en calquera territorio do mundo.

Delicada e minimalista desde un desafortunado insulto, trata temas como relixión, política, convivencia, abdicativa a todas as miserias que arrastramos pola intolerancia nun contexto da crise entre o Líbano e Israel.

Nomeada ao Óscar a Mellor Película Estranxeira e Premio ao Mellor Actor en Venecia, e unhas interpretacións impecables.



Programación Xaneiro

Comezamos o 2019 con dúas longametraxes en Xaneiro no Salón García da Casa da Cultura de Vilagarcía e en horario de 21:00 horas.
A primeira das proxeccións terá lugar este vindeiro mércores día 9 de xaneiro, sendo a longametraxe protagonista “Sanma No Aji” (O sabor do Sake), de Yasujiro Ozu.

“Shubei Hirayama é un viúvo que vive coa súa filla de 24 anos. Sentíndose vello e acabado, pensa no inxusto que é o feito de que unha moza viva única e exclusivamente para coidalo e decide casala. Aínda que ela se resiste a abandonar ao seu pai, finalmente acabará facéndoo. Entón Shubei buscará no licor do sake o refuxio da súa soidade, o consolo da súa angustia”  

A segunda cita será o mércores 23, coa proxección de “What we do in the shadows” (O que facemos nas sombras). Trátase dun divertidísimo e terrorífico falso documental sobre a vida dun grupo de vampiros que comparten piso na capital neocelandesa. 

Coma sempre a entrada para estas películas é de balde para os socios xa que está incluida na cuota e de 4 euros para o público xeral, como socios por un día.

Programación Febreiro

Programacion Febreiro 18

Para febreiro proxectaremos os mércores 7 e 21, en horario de 21 horas, no Salón García da Casa da Cultura de Vilagarcía.

O mércores día 7 temos “A tenda da rúa Maior”, unha das películas mais impresionantes e devastadoras de Europa. Oscar a Mellor película de fala non inglesa en 1965.

O próximo día 21 será o turno de “Un minuto de gloria”, unha comedia dramática de 2016 premiada no Festival de Gijón coa Mellor película, guión e premio FIPRESCI e no Festival de Edimburgo como Mellor film internacional.

Programación Xaneiro

Imprimir

Neste mes de xaneiro hai programadas dúas proxeccións, os mércores 10 e 24, en horario de 21 horas, no Salón García da Casa da Cultura de Vilagarcía.

Este mércores día 10 proxectarase “Uccellacci e uccellini” (en España “Pajaritos y pajarracos”, de Pier Paolo Pasolini, cinta candidata á Palma de Ouro no Festival de Cannes de 1966.

O próximo día 24 será o turno de “Dancer”, documental británico de 2016 dirixido por Steven Cantor sobre a figura do bailarín de ballet Sergei Polunin

Inscrición no curso: “A vida en series”

Este mes tamén falaremos de series de televisión, da man de J. A. Cascudo, docente da Universidade de Santiago e experto en audiovisual. 

"A vida en series" é un curso de dous días (22 e 30 de decembro, no Auditorio Municipal) no que se fará un percorrido pola historia da ficción televisiva, incluíndo as novas tendencias e series de culto. 

Despois da primeira xornada, os asistentes poderán, vía redes sociais,  entablar un diálogo co ponente no que suxerirlle series e temas relacionados dos que debatir na segunda sesión.

A entrada é de balde para os socios e de 4 euros para o público xeral. Por cuestión de limitación de aforo, será preciso facer unha inscrición previa no seguinte formulario:

Página 11 de 18

© 2025 Cine Clube Ádega & Web desarrollada por Prixma. &Aviso Legal - Política de Privacidad - Política de Cookies

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies