Imprimir

Neste mes de xaneiro hai programadas dúas proxeccións, os mércores 10 e 24, en horario de 21 horas, no Salón García da Casa da Cultura de Vilagarcía.

Este mércores día 10 proxectarase «Uccellacci e uccellini» (en España «Pajaritos y pajarracos», de Pier Paolo Pasolini, cinta candidata á Palma de Ouro no Festival de Cannes de 1966.

O próximo día 24 será o turno de «Dancer», documental británico de 2016 dirixido por Steven Cantor sobre a figura do bailarín de ballet Sergei Polunin