O voso Cineclube Ádega dará comezo oficialmente ao ano de conmemoración do seu 50 aniversario, cun acto que servirá como pistoletazo de saída a meses de programación especial adicada ao cine.
A estrea na comarca de Decorado e a presenza da súa produtora Chelo Loureiro, recentemente recoñecida coa Medalla ás Belas Artes, marcarán o inicio dun ano de celebración da cultura cinematográfica.
O evento incluirá a proxección da película que de xeito prácticamente unánime foi considerado o mellor filme de animación español do ano, e un dos mellores da tempada en calquer término, e a presentación dun ano tan especial para o cineclube.
Por outra banda, presentarase a imaxe especial do Cine Clube Ádega para este ano de conmemoración, deseñada polo artista vilagarcián Manuel Chazo.
Intervirán no acto representantes do Cineclube Ádega, a Concellería de Cultura e o alcalde do Concello de Vilagarcía, poñendo en valor o papel fundamental das asociacións culturais na construción dunha cidade viva, crítica e participativa.
Con esta cita, o Cineclube Ádega reafirma o seu compromiso coa difusión do cinema, co público e coa defensa da cultura como espazo compartido, abrindo un ano que quere ser non só conmemorativo, senón tamén participativo e colectivo.
Los comentarios están cerrados.