Categoría: Novas (Página 1 de 16)

Programación Marzo

Comezaremos este venres 6 cunha escolma de curtametraxes en femenino, o que supón unha nova colaboración co CIM Vilagarcía. Proxectaremos as 5 curtas gañadoras da última edición do certamen “Cortos en femenino”. A entrada será de balde para todo o mundo ata completar aforo.


O venres 13 será a quenda do filme que representará a década dos 80 na historia do cineclube, “Lenny” dirixida por Bob Fosse e interpretada maxistralmente por Dustin Hoffman. Lenny é o filme co seu director fixo entre os espléndidos musicais Cabaret e All that Jazz, polo que trátase dun filme feito nos anos 70 pero proxectado no cinecluble na década dos 80. Estivo nomeada a 6 Oscars incluidos mellor película, director, actor e actriz principais.


Remataremos o mes o venres 27 co comezo dunha nova etapa colaborativa coa Filmoteca de Galicia. E para comezar a primavera cun sorriso proxectaremos a comedia francesa de 2024 “Tres amigas”, dirixida por Emmanuel Mouret.

Planeta Ádega

“Planeta Ádega” Órbitas de cine e libros

📚🎬 PLANETA ÁDEGA: ÓRBITAS DE CINE E LIBROS
🎙 Podcast en directo
📅 Venres 30 de xaneiro | 20:00–21:00
📍 Libraría Planeta Mozo (Vilagarcía)

Conversas sobre cine, libros, series e cultura audiovisual co Cineclube Ádega, Planeta Mozo, Sara García (@meigaris) e Fiona Lemos.

Abrimos un novo espazo de conversa cultural na Libraría Planeta Mozo (Vilagarcía de Arousa): Planeta Ádega: Órbitas de Cine e Libros, un podcast en directo para falar sen présa de cine, libros, series, adaptacións e cultura audiovisual.

A proposta nace como un diálogo aberto entre páxinas e pantallas, pensado para escoitar, opinar e compartir arredor das historias que nos acompañan.

👥 Participan:

🎥 Un membro do Cineclube Ádega (Xavier Marqués)

📚 Un membro de Planeta Mozo (Àlvaro)

📖 Unha bookstagrammer (Sara @meigaris)

🎞 The one and only Fiona Lemos

Un diálogo aberto entre páxinas e pantallas, pensado para escoitar, opinar e compartir 🎧✨

🟡 Entrada libre ata completar aforo

50 anos – Presentación

O voso Cineclube Ádega dará comezo oficialmente ao ano de conmemoración do seu 50 aniversario, cun acto que servirá como pistoletazo de saída a meses de programación especial adicada ao cine.

A estrea na comarca de Decorado e a presenza da súa produtora Chelo Loureiro, recentemente recoñecida coa Medalla ás Belas Artes, marcarán o inicio dun ano de celebración da cultura cinematográfica. 

O evento incluirá a proxección da película que de xeito prácticamente unánime foi considerado o mellor filme de animación español do ano, e un dos mellores da tempada en calquer término, e a presentación dun ano tan especial para o cineclube.

Por outra banda, presentarase a imaxe especial do Cine Clube Ádega para este ano de conmemoración, deseñada polo artista vilagarcián Manuel Chazo.

Intervirán no acto representantes do Cineclube Ádega, a Concellería de Cultura e o alcalde do Concello de Vilagarcía, poñendo en valor o papel fundamental das asociacións culturais na construción dunha cidade viva, crítica e participativa.

Con esta cita, o Cineclube Ádega reafirma o seu compromiso coa difusión do cinema, co  público e coa defensa da cultura como espazo compartido, abrindo un ano que quere ser non só conmemorativo, senón tamén participativo e colectivo.

Programación Outubro

Neste mes de outubro ímonos achegar ao noso veciño da outra beira do Miño. Non será unha viaxe longa, ímonos perto, unha visita ao noroeste do país e outra ao nordeste. Resultaranos familiar, mais tamén un chisquiño exótica, pois iremos a mundos rurais que están esmorecendo. 

A primeira parada será o venres día 10 e mergullarémonos no realismo máxico dunha zona rural da provincia de Trás-Os-Montes coa opera prima de Cristéle Alves Meira “Alma Viva” (2022). Un filme de  referencias berlanguiáns protagonizada de maneira excelente por Lua Michel, filla da directora, que sendo tan só unha nena de dez anos fai un papel moderador e conciliador entre os adultos que pelexan e rifan entre eles trala morte dun familiar.

O principal peso do filme recae en ela, e está contado dende a ollada desa nena, detentora dun realismo máxico primixenio e moi galego e do norte de Portugal. Así que non busquen as referencias en García Márquez, Borges ou Rulfo, se non en autores nosos anteriores, como Álvaro Cunqueiro, Wesceslao Fernández Flórez ou sobre todo no escritor precisamente trasmontano Miguel Torga. 

  A segunda parada será o venres 17, onde viaxaremos ao noroeste portugués cun filme español recén estreado: “Una quinta portuguesa” (2025), escrito e dirixido por Avelina Prat, onde un profesor de xeografía devastado pola desaparición da súa muller decide por rumbo a Portugal, e alí suplantar a identidade doutra persoa para quedar de xardiñeiro dunha quinta portuguesa e vivir unha vida que non lle pertence. 

  En definitiva dúas olladas femeninas diferentes e complementarias ao norte de Portugal co que como galegos compartimos tanto. 

Programación Maio 2025

Programación Abril 2025

Neste mes de abril as proxeccións serán os XOVES ás 20:30h.

Con unha programación de filmes na que predomina o cine dirixido por mulleres, coa excepción dunha homenaxe máis que merecida ao recentemente finado David Lynch.

Página 1 de 16

© 2026 Cine Clube Ádega & Web desarrollada por Prixma. &Aviso Legal - Política de Privacidad - Política de Cookies

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies