Celebraremos este homenaxe á creación literaria en galego e pola defensa da lingua o mércores 19 de maio. Nesta ocasión dedica-rase a Xela Arias, quen foi unha das voces máis destacadas da poesía galega contempo-ránea. Xela supuxo unha renovación da poesía nos anos 80 e é por iso que, consideramos oportuno presentarvos a película Lúa Vermella de Lois Patiño, que do mesmo xeito que a obra desta autora, supón unha innovación ademais dunha representación do ‘Novo cinema galego’.

Lois Patiño amósanos a través desta historia fantasmagórica, unha creación esencial-mente visual e mesmo poética que non deixa indiferente a ninguén. Transpórtanos á Costa da Morte e a esas preciosas paisaxes galegas, empregando novas maneiras de ex-plicar vellas historias -mitos e lendas, o mar, a morte, as meigas- a través de reflexións de voces en off e na súa versión orixinal, que non podía ser outra que o galego.

As súas imaxes vólvense cada vez máis fascinantes segundo avanza o filme, polo que con-sideramos que todo o mundo debería ter a oportunidade de ver esta obra, se é posible nunha pantalla grande.

Que é Lúa Vermella? Sen dúbida, unha declaración de amor a Galicia.

RECORDA que é imprescindible a reserva de Entrada e acceso de balde ata completar aforo.

Co apoio da Concellería de Cultura de Vilagarcía de Arousa