Ficha técnica :
Director: Pawel Pawlikowski
Productores: Opus Film, Phoenix Film Investments
Guionistas: Pawel Pawlikowski, Rebecca Lenkiewicz
Actores: Joanna Kulig, Agata Kulesza, Agata Trzebuchowska
Xénero: Drama
País: Dinamarca, Italia, Polonia
Duración: 80 min.
Ano: 2013
Titulo orixinal: Ida
Sinopse:
Ida é a historia dunha novicia orfa que acaba de cumplir dezaoito anos e que é invitada pola súa nai superiora a que tome contacto co mundo exterior antes de tomar definitivamente os votos. Nesa viaxe extramuros coñecerá a Wanda, a irmá da súa nai, que nunca quixera saber nada dela até agora.
Comentario:
O director Pawel Pawlowski di sobre o seu xeito de filmar : “ Prefiro que as cousas flúan de xeito natural na pantalla. Intento escribir coa cámara, ir configurando o guión dende a creación de imaxes e non a inversa”. E é por iso que Ida é una película de atmosferas . A través delas o director pretende evocar a memoria sensorial da súa infancia. E tamén por iso Ida está rodada en branco e negro, en formato ¾, con encadres cheos de aire nos que , paradoxalmente, as personaxes parecen estar aprisionadas. En Ida non hai apenas movementos de cámara nin montaxe fragmentada. O latexar da historia acontece dentro do encadre para que o espectador teña o tempo e espazo necesarios para meditar sobre o que ve.
Porén , Ida non é só unha película contemplativa. Na historia que conta conflúen as viaxes reais e interiores de dúas mulleres de idades e ideais diferentes pero cun obxectivo común: procurar a paz consigo mesmas. Confrontadas co seu pasado, a viaxe que as une terá un final moi distinto para cada una delas: para Wanda será de chegada ; para Ida, de partida.
Fíxate en:
O contraste entre as facianas das dúas personaxes. A pureza no rostro xuvenil de Ida non esconde a dor que xa ten sufrido na súa curta vida. A mirada dura e descreída de Wanda non é quen de agachar os sentimentos longo tempo reprimidos. Ámbo-los dous rostros fálanos de dúas clases de Fé e do difícil que é mantela.
Deja una respuesta