Este mes de marzo tres proxeccións, todas no Salón García da Casa da Cultura e en horario de 21 horas.
A primeira delas terá lugar este mércores 8 de marzo, coincidindo co Día Internacional da Muller Traballadora. En colaboración con O Soño de Lilith, o Concello de Vilagarcía e a Deputación de Pontevedra, proxectarase o filme colaborativo “Visións” e haberá unha charla-coloquio coa presenza de Andrea Zapata-Girau, unha das realizadoras.
“Visións” xurdiu dentro de “Cinema e Muller”, un proxecto da Deputación co fin de visibilizar as creadoras do audiovisual e fomentar unha maior participación das mulleres na creación da cultura e a arte. Trátase dun filme colectivo, unha película de curtametraxes”con temática de xénero, na que as realizadoras recibiron a proposta de crear unha peza nun prazo de dous meses.
O mércores 15 proxectarase “Oulda Lemzum” (Fillos das Nubes), dirixida por Álvaro Longoria e producida por Javier Bardem. Terá un prezo fixo de 4 euros, destinado íntegramente á asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui.
Finalmente, o mércores 22 proxectarase “Die Brücke” (A Ponte), cinta alemana de 1949. A entrada é de balde para os socios de Ádega e de 4 euros para o público xeral.
![](https://mail.google.com/mail/u/0/?ui=2&ik=666b9a6be4&view=fimg&th=15aa51f489cbc756&attid=0.3&disp=emb&realattid=ii_izyi6yyk1_15aa51bc1bdcef57&attbid=ANGjdJ_7VDhelJCe2Nk9pHBvHaDAya8U_gaRIZgJVouSNPGxnaX6t3gvULtiJJJliY7Q_kGg8fBLREFSVUfi3tjig7V7XuFdUS6UGIOkdsU-xKVkK_glwJweaMH_ZDA&sz=w754-h1274&ats=1488828982200&rm=15aa51f489cbc756&zw&atsh=1)