Neste mes de outubro ímonos achegar ao noso veciño da outra beira do Miño. Non será unha viaxe longa, ímonos perto, unha visita ao noroeste do país e outra ao nordeste. Resultaranos familiar, mais tamén un chisquiño exótica, pois iremos a mundos rurais que están esmorecendo.
A primeira parada será o venres día 10 e mergullarémonos no realismo máxico dunha zona rural da provincia de Trás-Os-Montes coa opera prima de Cristéle Alves Meira “Alma Viva” (2022). Un filme de referencias berlanguiáns protagonizada de maneira excelente por Lua Michel, filla da directora, que sendo tan só unha nena de dez anos fai un papel moderador e conciliador entre os adultos que pelexan e rifan entre eles trala morte dun familiar.
O principal peso do filme recae en ela, e está contado dende a ollada desa nena, detentora dun realismo máxico primixenio e moi galego e do norte de Portugal. Así que non busquen as referencias en García Márquez, Borges ou Rulfo, se non en autores nosos anteriores, como Álvaro Cunqueiro, Wesceslao Fernández Flórez ou sobre todo no escritor precisamente trasmontano Miguel Torga.
A segunda parada será o venres 17, onde viaxaremos ao noroeste portugués cun filme español recén estreado: “Una quinta portuguesa” (2025), escrito e dirixido por Avelina Prat, onde un profesor de xeografía devastado pola desaparición da súa muller decide por rumbo a Portugal, e alí suplantar a identidade doutra persoa para quedar de xardiñeiro dunha quinta portuguesa e vivir unha vida que non lle pertence.
En definitiva dúas olladas femeninas diferentes e complementarias ao norte de Portugal co que como galegos compartimos tanto.
Los comentarios están cerrados.