Categoría: Sin categoría (Página 2 de 3)

Un mes cheo de cores: programación XUÑO ’23

Seguro que estás dacordo en que xuño é un mes moi especial: son os días máis longos e luminosos, o verán comeza a intuirse, péchanse ciclos e comezan outros con proxectos de vacacións, festas varias, días de praia… todo é especial en xuño. E no Cine Clube non podía ser menos. Por iso, este xuño de 2023 vén cargadiño de ESPECIAIS DE CINE:

Comezamos esta semana mesma co ESPECIAL DE MEDIO AMBIENTE cunha cinta para concierciarnos sobre a contaminación da industria e o impacto que ten no medio e na nosa saúde, porque nós tamén formamos parte do medio, aínda que ás veces o esquezamos. Pero aquí vén Mark Ruffalo para recordárnolo fronte aos tribunais, nun thriller xudicial contemporáneo à la Erin Brockovich, tamén baseado en feitos que aconteceron (e o continúan a facer). Unha peli de Todd Haynes que gañou recoñecemento internacional coa súa nominación aos premios César a mellor película de 2020. Moi recomendable se queres aprender as claves para loitar contra a macroindustria:

DARK WATERS (2019). Proxección: mércores 7 de xuño, 21h00 

A programación continúa cunha nota de comedia para subir os ánimos. Festexamos o ESPECIAL DÍA DA MÚSICA na gran pantalla co mellor grupo glam rock da historia: Spinal Tap!! Que quen son? No seu documental, convertido en filme de culto, seguimos á banda nunha xira onde aprenderás todo o que precisas saber deles, da súa música, e do ascenso á fama. Claro que a cinta podería estar a falar de calquera grupo rock/heavy metal dos 80. É isto precisamente o que pretenden o seu director, Rob Reiner, e os seus colegas de guion e reparto, quen conforman esta banda a partir dos topicazos do momento e documentar así, en clave de humor, a época máis dura da música. Bailarás da risa, prometido.

THIS IS SPINAL TAP (1984). Proxección: mércores 21 de xuño, 21h00 

E, como cada ano, pechamos este mes de cine sumándonos ás reivindicacións para a defensa e celebración da diversidade cun ESPECIAL ORGULLO LGTBIQA+, que este ano é especialmente especial grazas á Área de Igualdade (CIM) do Concello de Vilagarcía, que promociona unha semana de cine LGTBIQA+! En total serán tres películas diferentes que visibilizan identidades disidentes da heteronorma en épocas tamén diversas:

LOVE IS STRANGE (2014). Proxección: mércores 28 de xuño, 21h00

PARIS IS BURNING (1990). Proxección: xoves 29 de xuño, 21h00

20000 ESPECIES DE ABEJAS (2023). Proxección: venres 30 de xuño, 19h30 e 22h00** 

*Todas as películas do ciclo LGTBIQA+ serán de balde para todo o público.

**20000 especies de abejas terá dous pases: o primeiro ás 19h30 e o segundo ás 22h.

ACTIVIDADE SUSPENDIDA‼️

Debido ás medidas restrictivas tomadas pola Xunta de Galicia por mor da situación sanitaria, o “Ciclo das Linguas” que organizan Ádega e a Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía queda suspendido até novo aviso. Coa situación actual o aforo máximo permitido sería de tan só 30 persoas, polo que agardaremos a outra data na que a situación permita que o ciclo poida ser disfrutado por un maior número dos nosos socios e de alunos da EOI.

Do mesmo xeito, o resto de actividades do Cineclube quedarán en suspenso até que poidan ser levadas a cabo noutras condicións.

Pregamos que comprendades a situación e pedimos disculpas polas molestias ocasionadas.

❌ APRÁZANSE AS PROXECCIÓNS ❌

Seguindo a medida dictada este mediodía polo goberno autonómico, na que se limita o aforo de eventos a porta pechada, a directiva do #cineclubeádega, de forma consensuada coas institucións que nos apoian, decidiu aprazar a proxeccións deste mes ata novo aviso.

?

Sentimos as molestias que esta decisión poida causar a todas as persoas implicadas, e agradecemos inmensamente o respaldo amosado.

Programación 8M

Colaboramos ca Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía na programación do 8M Día Internacional da Muller

Programación Febreiro

Comezamos ca longametraxe galega “La felicidad de los perros”, ópera prima do até a data director de fotografía e realizador de curtametraxes David Hernánez, quen xa colaborara co nos impartindo sendos cursos de iluminación e composición do plano cinematógrafico en dúas edicións da Semana de Cine. 

Trátase dunha cinta totalmente independiente e autofinanciada, que non contou con ningún apoio institucional/televisivo ou subvención, e que foi rodada ao longo de 3 anos (durante as fins de semana) de forma cronolóxica e cun proceso de montaxe simultáneo. Está protagonizada por Fran Paredes, secundado por Isabel Naveira, Deborah Vukusic e Santi Prego.

Contaremos coa presenza do director, David Hernánez, e o protagonista principal, Fran Paredes para falarnos deste filme.

“César é un home de 40 anos.Está casado con Sara e teñen unha filla de 2 anos. Hai tempo que é Sara quen mantén a familia co seu soldo de peluquera, e trata de axudar a César para sacalo da súa vida rutinaria. Pero algo sucede no interior de César que fai mudar o rumbo da súa vida”

Programación Xaneiro

Este 2020 comezamos as sesiones de Cine o mércores 8 de xaneiro con Antes da chuvia. Incontestable obra mestra e unha das películas fundamentais do cinema europeo dos noventa.

“A cinta está estructurada en tres historias que teñen a guerra como trasfondo. Dúas en Macedonia e outra en Londres. Na primeira, un xoven monxe macedonio agocha a unha xoven macedonia musulmana perseguida pola comunidade cristiana. Na segunda a directora dunha axencia de noticias vive unha conflictiva relación sentimental cun fotógrafo macedonio que decide voltar ao seu país. Este fotógrafo protagoniza a terceira historia, centrada no seu regreso a casa, onde vivirá o horror da guerra a través da moza do primeiro episodio”

O próximo mércores 22 proxectaremos “El cuento de las comadrejas“, dirixida polo xenial Juan José Campanella (El hijo de la novia, El secreto de sus ojos), remake de “Los muchachos de antes no usaban arsénico” que conta no seu elenco, entre outros, coa española Clara Lago.

Página 2 de 3

© 2024 Cine Clube Ádega & Web desarrollada por Prixma. &Aviso Legal - Política de Privacidad - Política de Cookies

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies