Estamos encantados/as de anunciarvos que o vindeiro sábado 25 de Abril, na Praza da Peixería, ás 21:30h, vaise facer unha presentación da nova etapa do cine clube, cunha proxección do filme O Navegante de Buster Keaton, coa Banda Sonora en directo interpretada por músicos da Banda de Música de Vilagarcía.
Tamén agradeceremos a súa dedicación e o seu traballo nesta asociación, a todos os Presidentes que pasaron por ela.

O mesmo sábado ao mediodía haberá unha carpa na praza de Galicia, para a captación de novos socios, coa axuda inestimable do grupo de teatro Clámide.

Haberá tamén un buzón para recoller as vosas suxerencias, que tamén podedes enviar a info@cineclubeadega.com

Esperamosvos!!! O acto é público e gratuito.

Proxección de O Navegante