Etiqueta: 2016 (Página 1 de 2)

Semana de Cine 2016 «40 anos de Cine Clube Ádega»

Chega unha nova edición da Semana de Cine que este ano conmemora os 40 anos de historia de cine do Cine Clube Ádega.

Seguindo a nosa filosofía este ano o cartel é obra do artista Xan Paz.

Cartel Semana de Cine 2016 XAN PAZ_OK

As actividades comezan coa presentación da Semana o Domingo 31 de Xullo coa proxección de balde na Rúa Romero Ortíz de «El Desconocido» coa presenza do montador e director de cine Jorge Coira (Goya pola Montaxe) que nos falará da súa experiencia, ademais contaremos coa actuación de Gonzalo Arca que ten dous temas na banda sonora do filme.

O luns día 1 de Agosto comezan as sesións no Salón García, serán catro intensos días cunha selección de filmes moi coidada e que rematarán ó xoves 4 de agosto.

Os prezos son de 4 euros por sesión para o público xeral e de 2 euros para socios, con posibilidad de mercar o abono para as 4 sesións que será de 12 euros para o público e de 6 euros para os socios.

Cartel semana de cine Programación 2016_OK

Remataremos a semana cunha gran festa de despedida coa proxección do filme «Cabaret» de Bob Fosse e a actuación en directo do espectáculo e escenificación de Cabaret por parte da compañía de Nelson Quinteiro. Será aberto o público e de balde o Venres día 5 de Agosto na Rúa Ramón y Cajal, diante do Parque de Ravella.

https://www.youtube.com/watch?list=PLZZnVNfMjjH0V5aQEn-tpQ8j43BRLpaee&v=Y4AX3si_4lM

Programación Maio

Cartel Programacion MAIO 16

Super Cine Swing

Unha noite de cine e baile! este sábado día 16 de abril, está dentro da programación de actividades de celebración dos 40 anos do Cine Clube Ádega ao longo de este ano 2016.
Horarios:
20.30h Proxección «Lindy hop goes to Hollywood»
21.00h Clase aberta de Lindy hop
22.00h Festa swing!
No Bianco Lounge Bar (Rúa Juán García 18, Vilagarcía de Arousa)
Clases a cargo da escola de baile Swing On!
¡¡Entrada de balde!!

SuperCineSwing

 

 

Programación Abril

Cartel Abril

Programación Marzo

Cartel Marzo

Programación Febreiro

Cartel Febrero

Página 1 de 2

© 2019 Cine Clube Ádega & Web desarrollada por Prixma. &Aviso Legal - Política de Cookies

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies