Etiqueta: muller

Poñémonos moradas de cine: especial mes da muller MARZO ’24

Volta o especial máis reivindicativo que estabas agardando. En honor ao 8M, Día da Muller, e como en anos precedentes, dedicamos este mes moi especialmente a elas: directoras, produtoras, realizadoras, guionistas, actrices e un largo etcétera, ás súas historias e andanzas polo cinematográfico.

O primeiro filme dará inicio aos actos da semana da muller do Concello de Vilagarcía. Tráemosche en colaboración coa Área de Igualdade do Concello (CIM) unha sátira delirante dun homicidio, cun sutil humor feminista de fondo, escuro e sanguento como soamente unha directora belga como Véronique Jadin sabería facer. Vén coñecer á empregada premium deste mes:

A EMPREGADA DO MES (2021) | MÉRCORES 6 de marzo, 21h00

*Entrada de balde ata completar aforo grazas a colaboración co CIM de Vilagarcía

E de homicidios continúa a cousa, porque como segundo filme este mes tráemosche nin máis nin menos que a cinta máis aclamada deste ano, a favorita para gañar o Oscar a mellor filme, e previamente gañadora da Palma de Oro en Cannes, probablemente a única película dun xuízo que SI é interesante! Unha anatomía coa que estarás en vilo ata o final intentando esclarecer que aconteceu: foi ela, non foi ela? Este non é un xuízo calquera, e o xuízo de toda a sociedade contra as mulleres, representadas na figura dunha muller, Sandra Hüller, que deberá xustificar ante todos as súas eleccións vitas, cada un dos seus pasos, e cada ínfimo matiz das súas palabras. Como nos amosa Justine Triet, todo poderá ser utilizado na súa contra:

ANATOMÍA DUNHA CAÍDA (2023) | VENRES 15 de marzo, 21h00

E de regalo unha terceira película para facer este mes especialísimo. Unha cinta doblemente reivindicativa: a biografía dunha poeta demasiado moderna para o seu tempo que loita por facerse un oco como artista, Fumiko Nakajo, filmada por unha directora que tamén loitou por abrirse camiño na xerárquica e masculina industria cinematográfica do Xapón de mediados do século XX, Kinuyo Tanaka. Non te chega de paralelismos? As dúas recibirían na súa busca artística o apoio de homes que actuaron como os seus mentores: Nakajo do tutor do seu clube de poesía, Tanaka dos directores cos que previamente traballara como actriz protagonista, principalmente Ozu; tamén as dúas acabarían consumidas polo cancro. Unha xoia clásica de indubidable delicadeza que rescatamos con moito agarimo este mes:

PEITOS ETERNOS (1955) | VENRES 22 de marzo, 21h00

Programación Filmoteca

Non sei ti pero nós acabamos moradas!

Programación Novembro

Este mes de novembro temos programadas tres proxeccións no Salón García da Casa de Cultura de Vilagarcía.

A primeira das proxeccións terá lugar este mesmo mércores día 8, sendo a cinta elixida ” Little Men” (Verán en Brooklyn), película norteamericana de 2016 dirixida por Ira Sachs (Love is Strange)

 

noviembre

 
 

A seguinte proxección será a do documental “Le Tombeau DÁlexandre” (O último bolchevique) (Chris Maker, 1992), en conmemoración co centenario da Revolución Rusa. Terá lugar o mércores día 15.

Finalmente, pola celebración do día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, o sábado día 25 proxectaremos “A Girl, Walks Home Alone At Night” ( Unha moza volve a casa soa de noite), de Ana Lily Amipour (EEUU 2016), una película de vampiros ambientada en Irán, rodada en branco e negro e cunha estética propia do cine indie estadounidense.

A entrada será donación a favor da asociación “O Soño de Lilith”.

 

© 2024 Cine Clube Ádega & Web desarrollada por Prixma. &Aviso Legal - Política de Privacidad - Política de Cookies

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies