En conmemoración do centenario da Revolución Rusa, e en colaboración co PCG, este mércores día 15 proxectaremos o documental «Le Tombeau d´Alexandr» (O último bolxevique), dirixido por Chris Marker. A proxección terá lugar no Salón García ás 20:30 horas.

Estarán con nós Julio Vilariño, técnico en realización e licenciado en Historia da Arte, investigador na USC, membro do Cineclube de Compostela e crítico en publicacións como Ariel, Novas da Galiza, Protexta ou A Cuarta Parede; e Maribel Iglesias, profesora de Xeografía e Historia e Doutora en Historia da Arte pola USC. 

 

*Entrada de balde ata completar aforo.