Programacion Decembro 17

Aquí está o programa de decembro!!!
O mércores día 13 proxectaremos «Verano 1993» a seleccionada para representar a España nos Oscar, e os días 22 e 30 falaremos de series de TV con J.A.Cascudo.

 

«Estiu 1993» (Carla Simón, 2017) é unha das óperas primas máis celebradas dos últimos tempos. Esta cinta con tintes autobiográficos foi recoñecida en prestixiosos festivais internacionais como o Festival de Berlín, Festival de Málaga, Premios Feroz ou os Premios do Cine Europeo, alén de ser precandidata ao premios Oscar en representación da Academia española. A proxección terá lugar este mércores día 13 no Salón García da Casa da Cultura de Vilagarcía, por volta das 21 horas. A entrada é de balde para os socios e de 4 euros para o público xeral.